Canoa
embarcación lixeira / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha canoa é unha embarcación pequena de forma alongada que se move mediante a forza humana. Habitualmente é dunha peza, a proa e a popa son puntiagudas, adoitan non ter leme nin quilla e a propulsión é a base de remos ou pas cuxo número depende do tamaño da embarcación. Os padexeiros encóntranse de cara á dirección desexada, xa sexan sentados en soportes sobre o casco ou fincados directamente nela. Deste xeito padexar unha canoa diferénciase co remo, xa que os remeiros encóntranse de costas á dirección desexada. As pas poden ser dunha soa folla ou de dobre folla
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a7/Prehistoric_Canoe.jpg/320px-Prehistoric_Canoe.jpg)
Entre as canoas pódense diferenciar varios tipos como por exemplo as de tipo monocasco, de buque aberto (a miúdo construídas a partir dun madeiro dunha árbore baleirada) que adoitan chamarse piraguas e caiucos, ou as de buque pechado, habitualmente construídas con pel, como os kaiaks do ártico.
As protoembarcacions máis antigas (duns 10.000 anos) descubertas en sitios arqueolóxicos foron caiucos cortados con ferramentas de pedra a partir de madeiros de árbores resinosas.[1]