![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e6/Winslow_Homer_-_The_Fog_Warning_-_Google_Art_ProjectFXD.jpg/640px-Winslow_Homer_-_The_Fog_Warning_-_Google_Art_ProjectFXD.jpg&w=640&q=50)
Remo (instrumento)
From Wikipedia, the free encyclopedia
O remo consiste nun pau longo cun extremo en forma de pa, que se emprega para desprazar unha embarcación facendo forza na auga.[1] O remo está conectado á embarcación por medio dun punto de pivote, xa sexa un tolete, un escalmo ou un burato ou zona erosionada.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e6/Winslow_Homer_-_The_Fog_Warning_-_Google_Art_ProjectFXD.jpg/640px-Winslow_Homer_-_The_Fog_Warning_-_Google_Art_ProjectFXD.jpg)
O remo colócase no punto de pivote coa porción máis curta dentro da embarcación, e coa parte da pa, moito maior, fóra. Os remeiros xeralmente miran cara a popa da embarcación, ao chegar co remo a popa introducen a pa do remo na auga. Mentres se inclinan cara a proa da embarcación a pa pivota no tolete e o extremo exterior empurra a auga cara a popa, proporcionando un pulo da embarcación cara a adiante.
Durante miles de anos, os barcos foron propulsados por velas ou ben mediante o traballo mecánico dos remeiros. É habitual que unha embarcación de remo tamén teña a opción de ser propulsada a vela, como a galera da antigüidade por exemplo.