Canle do Iucatán
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
A canle do Iucatán (en castelán: Canal de Yucatán) é un estreito situado entre México e Cuba. Conecta a baía do Iucatán no mar Caribe co golfo de México. Ten algo máis de 200 km de largo e case 2800 m de profundidade no seu punto máis fondo preto da costa cubana.
Canle do Iucatán | |
---|---|
Canal de Yucatán | |
Localización administrativa | |
Estado | México Cuba |
Xeografía | |
Mares contiguos | Mar Caribe e golfo de México |
Características | |
Anchura máxima | 217 km |
Profundiade máxima | 2779 m |
A canle do Iucatán separa Cuba da península do Iucatán en México e une o mar Caribe co golfo de México. O estreito mide 217 km entre o cabo Catoche en México e o cabo San Antonio en Cuba.[1] Ten unha profundidade máxima preto da costa cubana de 2779 m.[2] A auga flúe a través do mar Caribe do leste ao oeste. Este fluxo consiste en 5 Sv de auga da corrente ecuatorial norte que vai a través do paso dos Ventos e 12 Sv de auga da corrente ecuatorial sur que vi a través da costa do Brasil. O fluxo total é duns 17 Sv a unha temperatura de polo menos 17 °C. Cando a auga supera a península do Iucatán recibe o nome de corrente do Iucatán.[3] Esta corrente proporciona a maior parte da auga interior do golfo de México, xa que a cantidade que entra a través dos estreitos de Florida é pequena e intermitente.[4] A corrente do Iucatán flúe con forza na parte occidental da canle mentre que as contracorrentes cubanas flúen en sentido contrario na parte máis oriental. Baixo a corrente do Iucatán, hai unha corrente submarina cara ao sur que toma auga dende o golfo de México.[4]
Cando a auga que flúe a través da canle do Iucatán entre no golfo de México, pasa sobre o banco de Campeche, unha área pouco fonda. Alí hai arrecifes de coral sobre as marxes exteriores da plataforma do Iucatán a uns 100 km da beira. Os principais corais que os forman son Acropora cervicornis, Acropora palmata e Montastraea annularis e a finais da década de 1990 moitos morreron. Dende entón realizáronse algunhas repoboacións.[5] O banco de Campeche é unha zona de gran biodiversidade, e aí e noutras parte da canle lévase a cabo moita pesca por parte de pescadores artesáns que converxen na zona dende a costa de México. A área está ameazada pola sobreexplotación.[6]