![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c8/Faro_de_Illa_Sisarga_-_panoramio.jpg/640px-Faro_de_Illa_Sisarga_-_panoramio.jpg&w=640&q=50)
Camiño dos Faros
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Camiño dos Faros é unha ruta de sendeirismo do noroeste galego na provincia da Coruña que une Malpica de Bergantiños (lugar de saída) con Fisterra (lugar de chegada) o longo de 200 km dirección suroeste[1] pola beira do mar. A presenza de faros ao longo do percorrido é o que lle dá nome; tamén decorre por outros lugares de interese da Costa da Morte: praias, bosques, dunas, acantilados, ríos ou regos, peiraos pesqueiros, estuarios, fontes de auga, arquitectura etc.
![]() | Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
- Non confundir con Camiño do Faro, editorial coruñesa.
![]() ![]() | |
![]() ![]() | |
![]() ![]() | |
![]() | |
De esquerda a dereita empezando por arriba Faro das illas Sisargas, Faro de Punta Nariga, Faro de Punta Roncudo, Faro de Laxe, Faro de cabo Vilán, Faro de Muxía, Faro de cabo Touriñán e faro de Fisterra. |
Esta ruta adoita dividirse en oito etapas dunhas 9 horas de camiñada a ritmo de paseo cunha media de 26 km por etapa, sendo a máis curta a de Laxe a Arou (Camariñas) (mide 18 km) e a máis longa a que vai desde Camariñas ata Muxia (mide 32,6 km). Ao seu paso desde Malpica ata Fisterra pasa polos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños, Laxe, Vimianzo, Camariñas, Muxía e Cee.
O nome da ruta, Camiño dos Faros, fai referencia aos numerosos faros construídos na costa durante os dous últimos séculos para facer segura a navegación nesta costa, coñecida como Costa da Morte, un nome acuñado pola prensa británica na década de 1890 despois dunha serie de naufraxios mortais.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/58/Cabo_Roncudo%2C_Corme.jpg/640px-Cabo_Roncudo%2C_Corme.jpg)
Pequenas cruces ao longo da costa presumiblemente para lembrar os recolectores de percebes afogados, son un recordatorio do perigoso que é este tramo de costa, tanto para os pescadores locais como para os mariñeiros en viaxes máis longas.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b4/A_Ferida_escultura_en_Mux%C3%ADa_01.jpg/640px-A_Ferida_escultura_en_Mux%C3%ADa_01.jpg)
Ademais dos faros, outros recordatorios das diferentes traxedias ocorridas nesta zona inclúen o Cemiterio dos Ingleses, que contén os restos de mariñeiros ingleses naufragados a finais do século XIX, así mesmo os restos ocasionais de barcos e carga deron lugar a nomes de praias, rochas, baixíos etc. O monumento máis dramático é A Ferida, unha escultura (unha enorme laxa de rocha), situada en Muxía fronte ao océano Atlántico, nun outeiro ao carón do santuario da Virxe da Barca, relacionada co afundimento do petroleiro MV Prestige en 2002.[2]