faro no cabo Fisterra From Wikipedia, the free encyclopedia
O faro de Fisterra é un faro situado no cabo Fisterra construído en 1853.
Datos xerais | |
---|---|
Localización xeográfica | Cabo Fisterra |
Localización municipal | Fisterra, Provincia da Coruña |
Construción | 1853 |
Datos técnicos | |
Código internacional | D-1742 |
Descrición | Torre octogonal de perpiaño con balcón e casa |
Altura sobre o nivel do mar | 143 metros |
Altura sobre o terreo | 17 metros |
Características | D B 5 seg. |
Período | 0,3 +4,7 = 5 seg. |
Alcance | 23 millas náuticas (43 km.) |
A torre é de cantería e base octogonal, de 17 metros de alto cunha cornixa sobre a que se apoia a balconada. A bóveda ten unha lanterna poligonal. A súa luz, situada a 143 metros sobre o nivel do mar, acada máis das 23 millas náuticas. A constante néboa do inverno provocou que se lle engadise unha sirena en 1888, a Vaca de Fisterra, para avisar aos navegantes do perigo existente.
O feito de que esta punta fose o Finis Terrae para os antigos fixo que nacesen sobre ela unha serie de lendas. Malia a existencia do faro, a zona foi escenario de naufraxios, como en 1870, cando afundiu o Monitor Captain, levando 482 persoas da súa tripulación no suceso máis lutuoso desta costa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.