![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/93/CAS_4qyz.png/640px-CAS_4qyz.png&w=640&q=50)
CRISPR
From Wikipedia, the free encyclopedia
CRISPR é un acrónimo na investigación do ADN que provén do inglés Clustered Regularly Interspaced Short Palindromic Repeats, traducido ao galego como repeticións palindrómicas curtas agrupadas e espazadas regularmente (a abreviatura pronúnciase crisper). [1]. Descuberta no inicio do século XXI, CRISPR é tamén unha metodoloxía en bioloxía molecular para a edición do ADN xenómico.[2] [3] [4] O sistema está composto por dous compoñentes principais: o ARN guía e a endonuclease asociada a CRISPR, como pode ser Cas9.[5]
CRISPR | |
---|---|
![]() Complexo de vixilancia CRISPR de Tipo-I (Cas, en azul) ligado a un ADN obxectivo (laranxa). Coñecido como Cascade en E. coli, composto por diversas proteínas Cas e un ARN cr de 61 nucleótidos. | |
Datos clínicos | |
Pronuncia | /crisper/ |
Nome comercial | Varios, dependendo da aplicación |
Sinónimos | CRISPR-Cas9, CRISPR-Cas, sistemas CRISPR |
Grupo farmacolóxico | Sistema de defensa inmunitario / Ferramenta de edición xenética |
Datos fisiolóxicos | |
Metabolismo | Non aplica |
Datos farmacocinéticos | |
Metabolismo | Non aplica |
Comezo de acción | Inmediato ou rápido, dependendo da célula ou organismo obxectivo |
Excreción | Non aplica |
Identificadores | |
| |
Datos químicos e físicos | |
Fórmula | Variábel (ADN/ARN e proteínas) A composición exacta pode variar |
Solubilidade en auga | Solúbel en auga (en forma de ADN/ARN e proteínas) mg/mL (20 °C) |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b3/SimpleCRISPR.jpg/640px-SimpleCRISPR.jpg)
1. xenes cas (cas genes),
2. unha secuencia líder (leader), e
3. Unha matriz de espazadores de repetición. (Repeat-spacer array).
A disposición dos tres compoñentes non sempre é como a mostrada
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/8d/4QYZ.png/640px-4QYZ.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/57/GRNA-Cas9.svg/640px-GRNA-Cas9.svg.png)
Na natureza, a maioría das bacterias e das arqueas, que son tipos de células procariotas, incorporan o sistema CRISPR no seu xenoma e úsano como un mecanismo de defensa contra o ataque de virus.[6]
O sistema CRISPR ten múltiples secuencias de ADN repetidas e curtas. Estas secuencias son parte dun sistema inmunitario adaptativo en células procariotas, derivan de fragmentos de ADN de bacteriófagos que previamente as infectaran, e permítenlles 'lembrar' e neutralizar eses bacteriófagos se as volven atacar. Funcionan como unha especie de inmunidade adquirida para estes microorganismos.[7] [8] Na investigación, os compoñentes CRISPR son empregados como unha ferramenta de edición xenética (polas siglas en inglés, GM; véxase alimentos transxénicos) que pode modificar os xenes de case calquera organismo.[9] Actualmente, estase investigando o seu potencial uso en terapia xénica para tratar enfermidades virais en humanos.[10] [11]