páxina de homónimos de Wikimedia From Wikipedia, the free encyclopedia
As bungarotoxinas son un grupo de proteínas neurotóxicas estreitamente relacionadas a maioría pertencentes á superfamilia das toxinas de tres dedos, que se encontran no veleno das serpes do xénero Bungarus, como por exemplo Bungarus fasciatus e Bungarus multicinctus.[1] A α-bungarotoxina inhibe a unión da acetilcolina aos receptores de acetilcolina nicotínicos; as β- e γ-bungarotoxinas actúan presinapticamente causando unha liberación excesiva de acetilcolina e a súa conseguinte depleción. Foron caracterizadas as formas α e β, e a α é similar ás neurotoxinas longas ou tipo II doutros velenos de serpes elápidas.
Hai catro tipos de bungarotoxinas:
O veleno das serpes Bungarus empezaron a estudalo Chuan-Chiung Chang e Chen-Yuan Lee da Universidade Nacional de Taiwán na década de 1950;[2] pero ata 1963 non se separaron e illaron os seus compoñentes.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.