composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
A β-bungarotoxina é unha forma de bungarotoxina que é está presente nos velenos de serpes elápidas como Bungarus multicinctus. É a clase prototípica de β-neurotoxinas de serpe. Existen polo menos cinco isoformas, denominadas desde β1 a β5, que son ensamblaxes de distintas combinacións das súas cadeas A e B.[1]
β2-Bungarotoxina | |
---|---|
Representación tridimensional da estrutura da β-bungarotoxina (PDB 1bun). | |
Identificadores | |
Organismo | |
Símbolo | N/A |
Número CAS | β1:65862-89-7 β2:82446-04-6 |
Outros datos |
A toxina é un heterodímero de dúas cadeas. A cadea A dálle actividade de fosfolipase A2 (PLP A2), e a cadea B, igual que nas dendrotoxinas, ten un dominio Kunitz. Existen moitas isoformas destas cadeas: exemplos de cadeas A son A1 (P00617), A3 (P00619) e A4 (P17934), e exemplos de cadeas B son B2 (P00989) e B3 (Q75S50). A cadea B desempeña un importante papel funcional na indución da apoptose.[2]
A diana desta neurotoxina está no terminal presináptico, onde bloquea a liberación de acetilcolina. Parece que o fai bloqueando a fosforilación da proteína MARCKS.[3] Pénsase que a cadea B similar á da dendrotoxina actúa primeiro por inhibición de canles iónicas, causando o cesamento das sacudidas que se presentan despois dunha fase facilitadora prolongada. A cadea A (que porta a actividade de fosfolipase) induce despois a fase de bloqueo por destrución de fosfolípidos.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.