Bretaña (rexión histórica)
rexión xeográfica e cultural do noroeste de Francia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Bretaña (en bretón: Breizh, [bʁɛjs] ou [bʁɛχ] (AFI); en galó: Bertaèyn, [bəʁ.taɛɲ] (AFI); en francés: Bretagne, [bʁə.taɲ] (AFI), escoitar), é unha rexión xeográfica e cultural que se atopa nunha península no extremo noroeste de Francia. Nos tempos do Imperio Romano a rexión era coñecida co nome de Armórica, aínda que posteriormente chegou a ser un reino independente e tamén un ducado, antes de pasar a ser unha provincia do Reino de Francia en 1532, gobernada como se fose unha nación separada dentro da coroa. A península limita co canal da Mancha ao norte, o mar Céltico e o océano Atlántico ao oeste, e o golfo de Biscaia ao sur. Ten unha superficie de 34 023 km².
Himno | Bro gozh ma zadoù | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Potius mori quam fœdari» «Kentoc'h mervel eget bezañ saotret» «Plutôt la mort que la souillure» | ||||
Nomeado en referencia a | Britannia | ||||
Localización | |||||
| |||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.687.381 (2016) (137,77 hab./km²) | ||||
Lingua usada | lingua bretoa lingua francesa Lingua galó | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 34.022 km² | ||||
Punto máis alto | Roc'h Ruz (en) (385 m) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .bzh | ||||
A provincia histórica da Bretaña está hoxe en día dividida en cinco departamentos: Finistère, Côtes-d'Armor, Ille e Vilaine, Loira Atlántico e Morbihan. Dende a reorganización de 1956, a actual rexión administrativa da Bretaña só abrangue catro dos cinco departamentos bretóns, mentres que o departamento do Loira Atlántico pertence á rexión dos Países do Loira. A súa reunificación administrativa é obxecto de debate.
Segundo o censo de 2010, a poboación da Bretaña era de 4 475 295 persoas, das que o 71% viven na rexión da Bretaña e o 29% no departamento do Loira Atlántico. No ano 2012, as áreas metropolitanas máis grandes eran a de Nantes (897 713 habitantes), Rennes (690 467 habitantes) e Brest (314 844 habitantes). A Bretaña é a nación tradicional do pobo bretón e está recoñecida pola Celtic League como membro das Nacións celtas[1]. Existen movementos nacionalistas que reclaman máis autonomía e a reunificación dos departamentos bretóns.