![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/49/Vue_sud-ouest_de_la_place_du_parlement_de_Bretagne%252C_Rennes%252C_France.jpg/640px-Vue_sud-ouest_de_la_place_du_parlement_de_Bretagne%252C_Rennes%252C_France.jpg&w=640&q=50)
Rennes
From Wikipedia, the free encyclopedia
Rennes (en bretón: Roazhon, en galó: Resnn) é un concello francés, cabeza do departamento de Ille e Vilaine e da rexión da Bretaña en Francia, así como unha das capitais históricas do ducado da Bretaña. Sitúase ao leste da Bretaña na confluencia do río Ille e do río Vilaine, no Arco Atlántico, a 50 km da canle da Mancha e a 80 km do océano Atlántico.
Lema | «Vivre en intelligence» ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Redones ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Defense and Security zone of France (en) ![]() | Q88521114 ![]() | ||||
Rexións | Bretaña | ||||
Departamento | Ille e Vilaine | ||||
Distritos | distrito de Rennes ![]() | ||||
Capital de | Bretaña Rennes Métropole (en) ![]() canton of Rennes-Est (en) ![]() canton of Rennes-Bréquigny (en) ![]() canton of Rennes-Nord-Ouest (en) ![]() canton of Rennes-Sud-Ouest (en) ![]() canton of Rennes-Sud-Est (en) ![]() canton of Rennes-le-Blosne (en) ![]() canton of Rennes-Nord-Est (en) ![]() canton of Rennes-Nord (en) ![]() Ille e Vilaine canton of Rennes-Centre-Sud (en) ![]() canton of Rennes-Centre (en) ![]() Q88521114 ![]() distrito de Rennes canton of Rennes-Centre-Ouest (en) ![]() canton of Rennes-2 (en) ![]() canton of Rennes-1 (en) ![]() canton of Rennes-6 (en) ![]() canton of Rennes-5 (en) ![]() canton of Rennes-4 (en) ![]() canton of Rennes-3 (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 225.081 (2021) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Área de concentración metropolitana de Rennes Unidade urbana de Rennes ![]() | ||||
Superficie | 50,39 km² ![]() | ||||
Bañado por | Río Vilaine e Río Ille ![]() | ||||
Altitude | 74 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa ![]() | Nathalie Appéré (2014–) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 35000, 35200 e 35700 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Ben catalogado no Inventario Xeral de Patrimonio Cultural | |||||
Identificador | IA35022285 | ||||
Páxina web | metropole.rennes.fr ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/17/Rennes_-_Parlement_de_Bretagne_-_20080706.jpg/640px-Rennes_-_Parlement_de_Bretagne_-_20080706.jpg)
Rennes xorde entre o II e o primeiro século antes de Cristo como capital da tribo gala dos redóns. A cidade chamábase Condate. Durante a Idade Media, coa chegada dos pobos bretóns e a consolidación do ducado da Bretaña fronte o poder carolinxio e logo dos reis de Francia, Rennes confirmouse como unha das poboacións máis importantes da rexión fronteiriza do ducado, a marca da Bretaña. Após a anexión do ducado da Bretaña ó reino de Francia, Rennes converteuse nunha capital provincial e acolleu o Parlamento da Bretaña.
Trala segunda guerra mundial, Rennes aumentou fortemente a súa poboación, desenvolvendo o sector industrial (destacando a gran fábrica de Citröen) e consolidouse como importante centro educativo grazas ás súas universidades. Hoxe en día, Rennes é un centro de innovación dixital e tecnolóxico recoñecido en Francia.
En 2012, cunha poboación de 210 000 habitantes (incluíndo 60 000 estudantes) e 700 000 habitantes na súa área urbana[1], Rennes é a décima cidade máis importante de Francia.