![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/11/La_Galice%252Cle_phare.jpg/640px-La_Galice%252Cle_phare.jpg&w=640&q=50)
Breogán
personaxe mitolóxico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Breogán, tamén identificado como Brigo,[1][2] é un rei mitolóxico céltico de Galicia que é descrito como o fundador da cidade de Brigantia e o construtor dunha gran torre,[3] identificada coa Torre de Hércules (coñecida durante a Antigüidade e a Idade Media como Farum Brigantium).[2] A principal fonte documental sobre Breogán é o Lebor Gabála Érenn, un compendio medieval sobre os mitos fundacionais dos irlandeses.[4] Neste compendio é descrito como o fillo de Brate,[5] e o pai de Ite e Bile, entre outros, así como o devanceiro dos gaels. Ademais cóntase como os gaels descenden de Adán, a través dos fillos de Noé, e como chegaron a Irlanda a través de Galicia.
É a personificación nacional de Galicia,[6] sendo mencionado dúas veces no himno Os Pinos a través de referencias metafóricas a Galicia como o "Fogar" e a "Nazón de Breogán".[7]