Bilurico patiamarelo pequeno
From Wikipedia, the free encyclopedia
O bilurico patiamarelo pequeno[2][3] (Tringa flavipes) é unha ave limícola de tamaño medio da familia Scolopacidae. O nome do xénero Tringa procede do nome neolatino que lle deu Aldrovandus en 1599 ao bilurico alinegro, que derivou do termo grego usado por Aristóteles trungas, referido a unha ave non perfectamente identificada. O nome específico flavipes procede do latín flavus, 'amarelo' e pes, `pés'.[4]
Bilurico patiamarelo pequeno | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Totanus flavipes |
Esta especie é de aparencia similar á especie de maior tamaño bilurico patiamarelo grande (Tringa melanoleuca), aínda que está máis emparentado co moito máis grande Tringa semipalmata;[5] o padrón denso, claro e fino do seu pescozo en plumaxe reprodutora indica o parentesco entre estas especies.
É un limícola de medio tamaño que mide uns 27 cm de lonxitude. As patas son amarelas. Comparado co bilurico patiamarelo grande, o bico é máis curto (visualmente de aproximadamente o mesmo tamaño que a cabeza), delgado e recto de cor uniformemente escuro. O peito ten manchas e os flancos están finamente marcados con barras curtas.[6]
O seu hábitat de reprodución son os claros preto de lagoas na rexión do bosque boreal desde Alasca a Quebec. Aniñan no chan, xeralmente en sitios secos abertos.
Migran ás costas do golfo de México dos Estados Unidos e ao sur de Suramérica. Esta especie é unha ave errante regular no oeste de Europa e a Galicia só chegan algunhas aves accidentais[3] ou, por exemplo, en Gran Bretaña só se rexistran uns cinco exemplares cada ano, principalmente entre agosto e outubro.[7]
Aliméntanse en augas pouco profundas, ás veces usando o bico para remexer na auga. Comen principalmente insectos, pequenos peixes e crustáceos.
A chamada desta ave é máis suave que a do bilurico patiamarelo grande, moito máis áspera.