Bersebá
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bersebá[Cómpre referencia] ou Beerseba (en hebreo: בְּאֵר שֶׁבַע , Be'er Sheva, "Sete Pozos"; en grego: Βηρσαβεε; en latín: Bersabee; árabe: بئر السبع, Bi'r as-Sab' (axuda · info); turco: Birüssebi) é a meirande cidade do deserto de Negev, no sur de Israel. É chamada a miúdo a "Capital de Negev", e é a sétima cidade máis poboada de Israel, cunha poboación de 205 588 habitantes no ano 2012, e a segunda máis grande en canto a área, cun total de 117 500 dunams (despois de Xerusalén).[1]
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xullo de 2014) |
באר שבע (he) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Israel | |||
Distrito (pt) | Distrito Sul (pt) | |||
Subdistrict of Israel (en) | Beersheba Subdistrict (en) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 209.000 (2018) (1.778,72 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 117,5 km² | |||
Altitude | 260 m | |||
Creación | 1900 | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Ruvik Danilovich (en) (2008–) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 84*** | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | Oni Rosenheim La Plata Lión Niš (pt) Seattle Adana Bouaké (pt) Winnipeg Adís Abeba Parramatta (pt) Cebú (cidade) Montreal Wuppertal (1977–) Cluj-Napoca (1991–) Huai’an (pt) (2016–) | |||
Páxina web | beer-sheva.muni.il | |||
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Bersebá creceu en importacia no século XIX, cando os turcos otománs construíron unha estación rexional de policía. A Batalla de Beersheba foi parte dunha ofensiva británica máis ampla no marco da primeira guerra mundial que quebrou a liña defensiva turca de Gaza a Beer-Seba. En 1947, Bir Seb'a (en árabe: بيئر شيبع), como era coñecida, foi concibida como parte do estado árabe no Plan de Partición das Nacións Unidas para a Palestina. Despois da declaración de independencia de Israel, o exército exipcio reuniu as súas forzas en Beersheba como unha base estratéxica e loxística. Na Batalla de Beersheba que comezou en outubro de 1948, foi conquistada polas Forzas de Defensa de Israel.[2]
Bersebá creceu considerablemente desde entón. Unha gran parte da poboación está composta por descendentes de xudeus sefardís e xudeus Mizrahi que emigraron de países árabes despois de 1948, así como as comunidades menores de Bene Israel e os xudeus Cochín da India. A segunda e terceira onda de emigración tiveron lugar a partir de 1990, traendo inmigrantes xudeus asquenací da antiga Unión Soviética, así como tamén inmigrantes Beta Israel de Etiopía. A cidade tornouse nun centro nacional de xadrez e lar de moitos campións de xadrez da antiga Unión Soviética, sendo a cidade con máis grandes mestres de xadrez de todo o mundo.[3]