From Wikipedia, the free encyclopedia
Bernhard Meyer, nado o 24 de agosto de 1767 en Hanau, Hesse (Alemaña), e finado o 1 de xaneiro de 1836 preto de Offenbach am Main (literamente, "Offenbach do Meno"), foi un médico, botánico e zoólogo (ornitólogo e teriólogo) alemán.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de agosto de 1767 Hanau, Hesse (Alemaña) |
Morte | 1 de xaneiro de 1836 preto de Offenbach am Main |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | alemá |
Actividade | |
Campo de traballo | Botánica, Brioloxía e Ornitoloxía |
Ocupación | médico, botánico e zoólogo (ornitólogo e teriólogo) |
Membro de | |
Lingua | Lingua alemá |
Obra | |
Abreviación dun autor en botánica | B.Mey. |
Meyer primeiro traballou como médico e, máis tarde, fundou unha empresa farmacéutica. Con este negocio fixo fortuna, e daquela dedicouse en exclusiva desde entón á historia natural. Meyer foi o coautor, xunto con Gottfried Gaertner e Johannes Scherbius, de Oekonomisch-technische Flora der Wetterau (1799), obra na que lle deu o nome científico a numerosas plantas. Tamén foi o coautor, xunto con Johann Wolf, de Naturgeschichte der Vogel Deutschlands (1805), e de Taschenbuch der Deutschen Vogelkunde (1810).
Entre os numerosaon taxon da súa autoría, foi o descritor da orde dos piciformes, da clase das aves.
A abreviatura B.Mey. emprégase para indicar a Bernhard Meyer como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.[1]
A abreviatura Meyer emprégase para recoñecer a Bernhard Meyer como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.