Baywatch
From Wikipedia, the free encyclopedia
Baywatch foi unha serie de televisión estadounidense sobre socorristas que vixiaban as praias dos Ánxeles, en California. A serie emitiuse de 1989 até 1999 (e de 1999-2001 como Baywatch Hawaii). Segundo o Libro Guinness dos Récords Mundiais, Baywatch é a serie de TV mais vista de todos os tempos, con máis de 1,1 mil millóns de espectadores en 142 países no ano de 1996.[1]
Xénero | Drama Acción |
---|---|
Formato | Serie |
Creado por | Michael Berk Douglas Schwartz Gregory J. Bonann |
Intérpretes | David Hasselhoff Pamela Anderson Carmen Electra Erika Eleniak Yasmine Bleeth Alexandra Paul Parker Stevenson Michael Newman Jeremy Jackson David Chokachi Gena Lee Nolin |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 11 |
Episodios | 242 |
Produtor(es) executivo(s) | Michael Berk Douglas Schwartz Gregory J. Bonann David Hasselhoff |
Produtor(es) | Douglas Schwartz |
Localización(s) | California (1989-1999) Hawai (1999-2001) |
Duración | 42-44 minutos |
Distribuidor | LBS Communications (1991-1992) All-American Television (1992-1997) Pearson All-American Television (1997-2001) FremantleMedia (2001) |
Canle de orixe | NBC |
Formato de imaxe | 4:3 - 480i (SDTV) |
Formato de son | Mono Estéreo |
Primeiro episodio | 22 de setembro de 1989 |
Derradeiro episodio | 14 de maio de 2001 |
Na rede | |
https://www.baywatch.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Gregory J. Bonann traballou como socorrista nos Ánxeles, e iniciou un proxecto de película sobre socorristas que logo se convertería en Baywatch. Baywatch estreouse na NBC en 1989, mais foi cancelado despois de só unha temporada debido ao elevado custo da súa produción e baixa audiencia. Sentindo que a serie aínda tiña grande potencial, David Hasselhoff reavivouna para a first-run syndication en 1991, investindo nela e, adicionalmente traballando como produtor executivo, obtendo grande éxito, especialmente no estranxeiro. A serie resultou nun spin-off, Baywatch Nigths, e nunha película, Baywatch: Hawaiian Wedding.
En 1999 proxectouse unha versión australiana e os actores viaxaron a Sydney para a rodaxe. A idea era mostrar todas as estrelas no piloto, interactuando cunha organización local e, así, crear "Baywatch Downunder". Un piloto foi filmado, mais a serie foi interrompida cando os residentes de Avalon protestaron, acusándoa de producir danos no fráxil ecosistema. O municipio de Avalon foi excluído logo permanentemente de todas as futuras rodaxes, e cancelouse a execución da serie no lugar.
Na 10 ª temporada, o lugar de gravación foi alterado para o Hawai e o nome foi alterado para o de Baywatch Hawaii.
En 2003, David Hasselhoff decidiu reunir os personaxes máis carismáticos que fixeran parte da serie para gravar un filme no Hawai, titulado Baywatch: Hawaiian Wedding.