actriz e modelo canadense-estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Pamela "Pam" Denise Anderson, nada en Ladysmith (Columbia Británica), en 1967, é unha actriz e modelo canadense-estadounidense. É coñecida por interpretar a salvavidas C. J. Parker na serie de televisión Baywatch, na que tivo un papel entre os anos 1992 e 1997. Así mesmo participou en películas, comerciais, comedias de situación e programas de telerrealidade. Ao longo da súa carreira pousou en varias ocasións para a revista Playboy.
Anderson naceu en Ladysmith (Columbia Británica), unha poboación a 90 km ao noroeste de Victoria, Columbia Británica, filla de Carol, unha camareira, e de Barry Anderson, reparador de fornos.[1] O seu bisavó, Juho Hyytiäinen, era finlandés nativo de Saarijärvi, e foise de Finlandia en 1908,[2] cambiando o seu nome a Anderson cando chegou como inmigrante. Anderson ten devanceiros holandeses por parte da súa nai.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.