![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/16/Flag_of_Bavaria_%2528striped%2529.svg/langgl-640px-Flag_of_Bavaria_%2528striped%2529.svg.png&w=640&q=50)
Baviera
From Wikipedia, the free encyclopedia
Baviera[1] (en alemán Bayern e en bávaro Boarn) ou, na súa designación oficial, Estado Libre da Baviera (Freistaat Bayern dende que deixou de ser un reino en novembro de 1918), é o meirande en superficie dos 16 estados federais (Länder) da Alemaña. Localizado no extremo sueste do país, ten unha área de 70 553 km² e 12 millóns de habitantes que cultivan as tradicións coma en ningunha outra parte de Alemaña. A súa capital é Múnic.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Freistaat Bayern (de) ![]() | |||||
Himno | Bayernhymne ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Nomeado en referencia a | Bávaros (pt) ![]() ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Alemaña ![]() | ||||
Capital | Múnic ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 13.124.737 (2019) ![]() | ||||
Lingua oficial | Hochdeutsch (pt) ![]() Lingua bavaresa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 70.551 km² ![]() | ||||
Auga | 2 % ![]() | ||||
Altitude | 503 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Zugspitze (2.962,06 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | Kahl am Main (pt) ![]() ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 12 de xaneiro de 1919 ![]() | ||||
Día festivo | Epifanía (6 de xaneiro) Corpus Christi (Easter + 60 days (en) ![]() Día de Tódolos Santos (1 de novembro) Dia da Reforma Protestante (pt) ![]() Asunción de María Aninovo (1 de xaneiro) Venres Santo (dois dias antes da Páscoa (pt) ![]() Luns de Pascua (Easter + 1 day (en) ![]() Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) Día da Ascensión (Easter + 39 days (en) ![]() Segunda-feira de Pentecostes (pt) ![]() ![]() Nadal (25 de decembro) Second Day of Christmas (en) ![]() ![]() | ||||
Santo padrón | Santa María ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria ![]() | ||||
Órgano executivo | Government of Bavaria (en) ![]() ![]() | ||||
• Minister-President of Bavaria (en) ![]() ![]() | Markus Söder (2018–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Landtag of Bavaria (en) ![]() ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | Bavarian Constitutional Court (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
Orzamento | 71.424.666.800 € (2023) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .bayern (en) ![]() ![]() | ||||
ISO 3166-2 | DE-BY ![]() | ||||
Código NUTS | DE2 ![]() | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 09 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | bayern.de ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/16/Flag_of_Bavaria_%28striped%29.svg/640px-Flag_of_Bavaria_%28striped%29.svg.png)
Ata a década de 1950 predominaba en Baviera a agricultura como principal fonte económica. Aínda hoxe, a rexión prealpina e outras partes do territorio bávaro dependen da agricultura e da silvicultura. A partir de mediados do século pasado, transformouse nun moderno estado industrial e de prestación de servizos. Baviera converteuse, asemade, no primeiro centro da tecnoloxía avanzada en Alemaña. Cómpre salienta-la tecnoloxía da información e comunicación, biotecnoloxía, tecnoloxía xenética e técnica medicinal. Por outra banda, o estado debe o seu grande atractivo turístico á rica herdanza histórico-cultural, así como á beleza das paisaxes. Por exemplo, a beleza dos Alpes, co cume máis alto de Alemaña -o Zugspitze (2.962 metros)-, a rexión pre-alpina ten grandes lagos como o Chiemsee e mailo Königssee, o Parque Nacional da Foresta Bávara (Bayerischer Wald), os bosques Fränkische Alb, Fichtelgebirge Steigerwald etc.
Existe gran cantidade de parques urbanos –como o de Schönbusch en Aschaffenburg, o Hofgarten en Ansbach ou o Xardín Inglés (Englischer Garten) en Múnic- amais de castelos e pazos. Cómpre salienta-los erixidos na época de Ludwig II: Lindenhof, Neuschwanstein e Herrenschiemsee.
O traxe típico, o Jäger, vístese na actualidade durante a celebración das festividades populares, como a festa anual da cervexa, a Oktoberfest, en Múnic, que goza de sona internacional, e que é elaborada segundo a Lei da pureza de 1516. O lúpulo co que se produce é cultivado no propio estado.
A capital, Múnic, un centro significativo da ciencia e da investigación, conta cunha das meirandes bibliotecas de Europa, a Biblioteca Estatal Bávara, con máis de 6 millóns de volumes. Así mesmo localizánse na capital bávara o Instituto Max Planck de Física do Plasma, o Deutsches Museum, a maior colección mundial da historia das ciencias naturais e da técnica, alén de numerosas edificacións históricas e museos de arte. A antiga división de Baviera era en tres zonas tradicionalmente ben definidas: Suevia, Franconia e A Vella Baviera.