From Wikipedia, the free encyclopedia
A batalla de Touro tivo lugar o 1 de marzo de 1476, durante a Guerra de Sucesión de Castela, entre as tropas portuguesas e castelás xoanistas de D. Afonso V, e os casteláns isabelinos de Fernando II, rei de Aragón, León e Castela.
Batalla de Toro | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Parte da Guerra de Sucesión castelá | |||||||
Recreación da batalla por Francisco de Paula Van Halen, no século XIX. | |||||||
| |||||||
Líderes | |||||||
D. Afonso V de Portugal Príncipe João de Portugal Garcia de Meneses, bispo de Évora, Alfonso Carrillo de Acuña, Arcebispo de Toledo. |
Fernando II, rei de Aragón, consorte de León e Castela. Cardeal Mendoza Álvaro de Mendoza Conde de Alba de Liste (Prisioneiro) | ||||||
Baixas | |||||||
Preto de 1 000 (mortos, presos e afogados) | Moitas centenas (mortos e presos) |
Enfrontou ás forzas portuguesas e castelás que apoiaban a Xoana, a Beltranexa (sobriña de D. Afonso V de Portugal e raíña consorte de Portugal), contra as tropas de Fernando II de Aragón, que defendían os intereses de Isabel, tamén tía de Xoana.
Os nobres galegos e o rei de Portugal, Afonso V, apoiaban a causa xoanina.
Na batalla, Duarte de Almeida, o abandeirado portugués, chegou a perder ambas as mans e resistiu portando a bandeira portuguesa coa boca até caer gravemente ferido. Ese acto foi admirado e Duarte de Almeida pasou a ser coñecido como O Decepado.
A bandeira foi posteriormente recuperada polos portugueses.[1] [2]
A última fase da batalla ocorreu cando as forzas xoanistas se reorganizaron e atacaron ás isabelinas.
O contraataque derrotou ás forzas de Fernando de Aragón, tomando o control do campo de batalla. Mentres tanto, os isabelinos retiráronse á protección das murallas de Zamora.
Como era normal nas regras da guerra daquel tempo, o príncipe Xoán permaneceu no campo de batalla dende o 2 até o 5 de marzo, como sinal de vitoria.
Ao final, malia que os xoanistas conseguiron unha vantaxe táctica no campo de batalla, a confrontación tivo un carácter inconcluso. Estratexicamente, este combate revelou a dificultade de Portugal para garantir os dereitos de Xoana ao trono de Castela e consolidar a unión das dúas coroas baixo un monarca portugués.
En 1475, Afonso V foi proclamado rei de Galiza;[3] porén, nos anos seguintes Isabel de Castela fíxose co poder da Orde de Santiago, viaxou a Compostela en 1486 e puxo en marcha un plan para someter o reino de Galiza, chamado posteriormente "doma y castración" por Castelao.[4][5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.