Batalla de Almansa
combate da guerra de sucesión española, o 25 de abril de 1707 From Wikipedia, the free encyclopedia
combate da guerra de sucesión española, o 25 de abril de 1707 From Wikipedia, the free encyclopedia
A batalla de Almansa foi un conflito bélico que tivo lugar en Almansa (provincia de Albacete) o 25 de abril de 1707, no marco da guerra de Sucesión española.
Batalla de Almansa | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de guerra de Sucesión española | |||||||
Detalle do cadro da Batalla de Almansa, de Philippo Pallota y Bonaventura de Liliis de 1709 exposto nas Cortes Valencianas. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Borbónicos España Francia |
Austracistas Reino Unido Portugal Provincias Unidas | ||||||
Líderes | |||||||
Duque de Berwick | Marqués de Ruvigny Marqués das Minas | ||||||
Forzas en combate | |||||||
25 000[1]-32 000[2] tropas | 15 000[1]-28 000[2] tropas | ||||||
Baixas | |||||||
1.500[3]-2.000[1] mortos e feridos | 7.000[3]-17 000[4] mortos, feridos e prisioneiros |
Nela enfrontáronse os partidarios do arquiduque Carlos, comandadas por Henri de Massue e o marqués das Minas, e os defensores da causa de Filipe de Anjou, que fora coroado como Filipe V, mandados polo duque de Berwick. A vitoria destes últimos, permitiu a rápida conquista do Reino de Valencia, Cataluña e Aragón, con moita resistencia austracista, aínda que os foros quedaron abolidos, como os de Aragón, tras a publicación dos Decretos de Nueva Planta.
Tras terse retirado as tropas austracistas a territorios da coroa de Aragón, as forzas aliadas decidiron plantar cara ás borbónicas na poboación de Almansa, cerca da fronteira do reino de Valencia.
A batalla iniciouse ás 15 00 do 25 de abril. Ambos exércitos despregáronse cara a cara ao largo de 6,5 km. Os aliados, partidarios do arquiduque Carlos, aliñaron 42 batallóns de infantaría, compostos cada un de 400 homes, e 60 escuadróns de cabalaría, de 100 xinetes cada un, mentres que os borbónicos dispuxeron 50 batallóns de infantaría e 81 escuadróns de cabalaría, formando ambos exércitos con dúas liñas de profundidade. Paradoxalmente, a única representación valenciana era o rexemento Valencia -logo rebautizado Xaén- de 300 homes ao mando do coronel Riera no bando borbónico.
A batalla deu comezo co fogo de artillaría. As tropas aliadas, cansas, en inferioridade numérica e mal dirixidas, romperon a formación entre o centro e o flanco debido ao empurre da cabalaría borbónica. A cabalaría francesa provocou a retirada das tropas aliadas no flanco esquerdo, mentres que as tropas da zona central acabaron rendéndose ás 17 00.
A batalla de Almansa non foi decisiva para a guerra, pero abriu o camiño para a ocupación do reino de Valencia, aínda que non significou a rendición dos austracistas do reino. O exército borbónico tivo que ir conquistando as poboacións que se lle resistían, como antes o austracista se vira obrigado a facer coas fieis a Filipe V. Xàtiva foi a primeira cidade asediada. O 6 de xuño de 1707 rendíase a cidade, tras o cal, o día 19, a cidade foi incendiada por orde do rei Filipe V. Posteriormente mudóuselle o nome polo de San Filipe e precedeuse á súa repoboación con persoas fieis á causa borbónica (na actualidade consérvase un cadro de Filipe V no Museo Municipal de Xàtiva colgado boca abaixo desde 1940 en sinal de condena polo incendio da cidade).[5] Máis tarde caeron, tamén con grande oposición, Alcoi, Dénia e Alacant.
Mais a ocupación do Reino de Valencia continuou a pesar da oposición austracista. O arquiduque chegou a liberar o líder austracista Joan Baptista Basset (que fora encarcerado polas súas políticas favorables ao campesiñado e opostas aos privilexios nobiliarios), a fin de organizar as poucas forzas fieis aos austriacistas, sen conseguir frear o avance borbónico. Tras a conquista do Reino de Valencia, tan só Cataluña e as Illas Baleares continuaron apoiando a causa austracista.
A día de hoxe na Comunidade Valenciana hai o dito: «Quan el mal ve d'Almansa, a tots alcança» (Cando o mal vén de Almansa, a todos alcanza), ou «De ponent, ni vent ni gent» (De poñente, nin vento nin xente), recordando esta derrota.
Existe un álbum do grupo valenciano Al Tall titulado Quan el mal ve d'Almansa..., gravado en 1979, que narra feitos significativos deste episodio da historia valenciana.[6] No 2007, con motivo do 300 aniversario da batalla, realizáronse diversas actividades e manifestacións.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.