From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos basomatóforos (Basommatophora) é, nas clasificacións clásicas, unha orde de moluscos gasterópodos da subclase dos prosobranquios.
Basomatóforos Basommatophora Rango fósil: carbonífero - actualidade [1] | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
O maior dos dous basomatóforos que se ven na foto é Lymnaea stagnalis | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Superfamilias [2] | |||||||||||||
| |||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||
|
Na actualidade, dado que non é un grupo monofilético, segundo a taxonomía dos gasterópodos de Bouchet e Rocroi (2005),[4] considérase como un grupo informal do clado dos heterobranquios (Heterobranchia).
Máis recentemente Jörger et al. (2010) trasladou a tres dos seus membros, as superfamilias Siphonarioidea e Amphiboloidea e o clada Hygrophila a un novo taxon, o dos panpulmonados (Panpulmonata).[5]
Aína que teñen pulmóns, case todas as súas especies viven en augas doces, e tan só unhas poucas encóntranse no litoral mariño. Todas teñen unha cuncha externa e, a diferenza dos estilomatóforos, os poros xenitais masculinos e femininos están separados, ademais de teren os ollos na base dos tentáculos (ao que alude o seu nome); outra diferenza é que os tentáculos non son retráctiles.
A orde foi descrita en 1864 polo naturalista alemán Wilhelm Moritz Keferstein.
O nome científico Basommatophora está construído cos elementos do latín científico baso-, tirado do grego antigo βάσις básis, 'pé' (e 'base'); ommat-, derivado do grego ὄμμα, -ατος ómma, -atos, 'ollo'; -o- (para facilitar a pronuncia) e -phora, plural de -phorus, derivado do grego φορέω phoreõ, 'levar'. Literalmente: 'os que levan os ollos na base', aludindo á posición dos seus ollos no extremo basal dos tentáculos.
Desde que Darwin formulara a súa teoría da evolución, a taxonomía biolóxica intentou reflectir a filoxenia dos organismos. As clasificacións utilizadas en taxonomía intentan, por tanto, representaren as interrelacións entre os distintos taxons. Porén, a taxonomía dos pulmonados, como a dos demais grupos de gasterópodos está continuamente sendo revisada e, debido a isto, as versións que se mostran en diversos textos poden diferir de maneira importante.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.