Remove ads
subclase de moluscos From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos prosobranquios (Prosobranchia) é unha antiga subclase de moluscos da clase dos gasterópodos que comprende entre 20 000 e 55 000 especies viventes de caracois que habitan en ambientes mariños, dulciacuícolas e unha moi pequena proporción de especies que colonizaron o medio terrestre, aínda que a maioría son mariños.
Prosobranquios Prosobranchia | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina de Prosobranchia en Formas artísticas da natureza, de Ernst Haeckel (1904) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Ordes | |||||||||||
|
Os prosobranquios constitúen o grupo máis antigo, e tamén o máis diversificado, da clase dos gasterópdos.
A cabeza, ben diferenciada, posúe só un par de tentáculos. Debido ao feito de que a rotación do saco visceral non é seguida, neste grupo, de distorsión, como ocorre no caso das outras dúas clásicas subclases (opistobranquios e pulmonados), os prosobranquios están considerados como gasterópodos primitivos. As dimensións e as formas dos membros deste grupo son moi variadas, o mesmo que sucede coa cuncha, cuxa forma e coloración poden ser moi distintas. A rádula está tipicamente constituída por series transversais de placas dentadas, e ten moita importancia na clasificación.[1]
A cuncha, presente na maioría das especies, é xeralmente espirilada, univalva, forte e sólida, constituída de carbonato de calcio. Pode presentar unha serie de ornamentacións como orificios e canles respiratorios, costelas verticais, cordóns espirais e suturas. Cando é espirilada presenta varias rexións ou estruturas como son a abertura, a columela, a volta do corpo e a espira. A gran maioría presenta unha estrutura anexa que se encarga de pechar a cuncha cando o caracol se retrae dentro desta, denominada opérculo, que é de forma e tamaño variábel.
No corpo dos prosobranquios obsérvanse tres rexións fundamentais: o pé, formado por unha zona máis muscular de forma e tamaño variábel, dependiendo de especie; a masa visceral, que é a porción do corpo onde se localizan a maioría dos órganos, e o manto, unha membrana que recobre o corpo do caracol e entre cuxas funcións está a de segregar a cuncha.
Os membros desta subclase caracterízanse por presentaren a ou as aurículas, xunto coas branquias (ctenidios), en posición anterior ao ventrículo (ao que alude o seu nome), condición derivada da torsión sufrida durante o estadio larvario. A consecuencia deste proceso de torsión, os cordóns nerviosos viscerais crúzanse, un desde o ganglio pleural dereito ao lado esquerdo por encima; e outro desde o ganglio pleural esquerdo ao lado dereito, por debaixo da canle alimentaria. A cavidade do manto abre á fronte, contendo no lado dereito o recto e o ano.
A subclase dos prosobranquios foi descrita en 1848 polo médico e zoólogo francés Henri Milne Edwards.
O nome Prosobranchia fromouno Milne-Edwards cos elementos do latín científico proso-, tirado do grego antigo πρόσω prósō, 'diante', 'adiante', e -branchia, derivado da palabra do grego antigo βράγχια (neutro plural) brágchia [pronunciado /bránquia/], aludindo á posición das branquias destes animais.[2][3]
Hoxe en día a subclase dos prosobranquios considérase obsoleta porque se trata dun grupo parafilético.[4]
A taxonomía dos gasterópodos está cambiando rapidamente. A clasificación clásica de Johannes Thiele (1860-1935) dividía os gasterópodos en tres subclases: Prosobranchia, Opisthobranchia e Pulmonata. A subclase Prosobranchia Henri Milne-Edwards, 1848 dividíase, nesta clasificación, nas ordes Archaeogastropoda, Mesogastropoda e Neogastropoda.
Posteriormente, algúns autores dividírona en dúas ordes, diotocardios (Diotocardia), así denominados por teren dous ctenidios, dous atrios auriculares e, case sempre, dous nefridios, e os monotocardios (Monotocardia), caracterizados por teren os órganos so do lado esquerdo e, por tanto, posuíren un só ctenidio, un atrio cardíaco e un só nefridio.[1]
Máis recentemente, clasificacións como a do ITIS consideran nos gasterópodos as seguintes ordes:[5]
Para ver a nova clasificación dos gasterópodos, véxase Gasterópodos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.