From Wikipedia, the free encyclopedia
A Basketball Bundesliga, frecuentemente abreviada como BBL e por motivos de patrocinio easyCredit BBL, é a máxima categoría do baloncesto profesional masculino de Alemaña. A liga consta de 18 equipos, que se disputan o título xogando unha liga regular e un play-off. Ao final da liga, os oito equipos mellor clasificados clasifícanse para o play-off, mentres que os dous últimos clasificados descenden a unha categoría inferior. Os play-offs son xogados en eliminatorias ao mellor de cinco partidos, sendo o equipo que gaña a rolda final proclamado campión alemán da tempada.
Tipo | liga deportiva |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | FIBA Europa |
Liga superior | Euroleague Basketball |
Liga inferior | ProA |
Número de participantes | 18 |
Localización e Datas | |
País | Alemaña |
Vixencia | 1966 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | easycredit-bbl.de |
Ademais da competición de liga, todos os equipos da BBL compiten nunha competición de Copa (BBL-Pokal).[1] Os equipos que compiten no segundo nivel do baloncesto alemán (ProA ou ProB) ou nunha liga rexional máis baixa tamén poden ser elixidos para participar nesta competición. A competición sempre consta de tres eliminatorias de a un partido, engadíndose máis roldas segundo o número de equipos participantes. Os catro últimos equipos dispútanse o título nunha final a catro, que determina quen se leva as medallas de bronce, prata e ouro.
Esta liga foi creada en 1939, sendo pronto suspendida a causa da segunda guerra mundial, non reiniciándose ata 1947. A partir de 1966 converteuse nunha competición profesional. En 1947, o MTSV Schwabing München converteuse no primeiro campión logo da Guerra que dividíu Alemaña. A creación dunha liga na República Democrática Alemá consistente nunha división Norte e unha división Sur de 10 equipos cada unha, foi creada en 1964 pola Federación Alemá de Baloncesto (DBB). O 1 de outubro de 1966 comezou a primeira tempada da renomeada Basketball Bundesliga. A principios da tempada 1971-72 o número de equipos desta categoría reducíuse a oito equipos. Na tempada 1975-76, a estutura da liga trocou a unha liga de 10 equipos na primeira liga (1. Basketball Bundesliga) e 20 equipos nunha segunda liga league (2. Basketball Bundesliga). Só a segunda liga estaba dividida nunha división Norte e outra división Sur, cada unha delas de 10 equipos.
En 1985 a máxima competición do baloncesto alemán foi ampliada a 12 equipos, dous anos despois, cada unha das divisións da segunda liga foi ampliada tamén a 12 equipos. En 1988 aplicouse por primeira vez o sistema de play-off ao mellor de cinco partidos. Ao comezo da tempada 1995-96 a liga estaba formada por 14 equipos. A Basketball Bundesliga GmbH (BBL) foi fundada en outubro de 1996. Dous anos despois, un contrato asinado entre a BBL e a Federación Alemá de Baloncesto transfería os seus dereitos de imaxe á BBL durante 10 anos a cambio de que a BBL pagara anualmente axudas ao deporteafeccionado por 600 000 DM (306 775 €). A principios da tempada 2003−04 a BBL ampiouse a 16 equipos, e na 2006−07 a 18 equipos. Na tempada 2007−08 a estrutura da segunda liga suprimiu as divisións Norte e Sur por unha División Pro A e Pro B. Estas divisións están baixo a administración da "AG 2. Bundesliga".
Entre 1994 e 2001, o máximo nivel das ligas alemás de baloncesto foi denominada "Veltins Basketball Bundesliga", de 2001 a 2003, a liga foi coñecida coma "s.Oliver Basketball Bundesliga" e a partir de 2014 recibe o nome de BEKO Basketball Bundesliga. O equipo que máis ligas gañou é o Bayer Giants Leverkusen, con 14 títulos, aínda que o dominador nos últimos tempos é o ALBA Berlin, gañando 7 títulos consecutivos dende 1997, gañando en 2008 o seu oitavo título. Dende a súa creación, vinte e un equipos gañaron esta competición.
Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2022–23 da Basketball Bundesliga.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.