Base J
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
A base J ou β-D-glicopiranosiloximetiluracilo é unha base nitroxenada hipermodificada que se encontra no ADN de protozoos cinetoplástidos, incluíndo o patóxeno humano tripanosoma e nalgúns flaxelados. Foi descuberta en 1993 en Trypanosoma brucei e foi a primeira nucleobase hipermodificada que se encontrou no ADN eucariótico; desde entón atopouse noutros cinetoplástidos, como Leishmania e nalgúns flaxelados.[1][2] Neses organismos a base J actúa como terminador da transcrición para a ARN polimerase II, a súa eliminación en células knockout vai acompañada dunha masiva lectura previa (read-through) dos sitios de terminación da ARN polimerase II, o que finalmente é letal para a célula.[3][4]
Base J | |
---|---|
5-[[(3R,4S,5S,6R)-3,4,5-Trihidroxi-6-(hidroximetil)tetrahidropiran-2-il]oximetil]-1H-pirimidina-2,4-diona | |
Outros nomes β-D-Glicosil-5-hidroximetiluracilo | |
Identificadores | |
Número CAS | 53910-89-7 |
ChemSpider | 32742278 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C11H16N2O8 |
Masa molar | 304,25 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A base J sintetízase por medio dunha hidroxilación inicial da timidina, seguida da glicosilación por unha glicosiltransferase que aínda non foi identificada[1]