From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira dos Estados Unidos de América, tamén chamada bandeira americana, consta de 13 barras horizontais, sete vermellas e seis brancas alternadas, e un rectángulo azul no cantón con 50 estrelas brancas. As 50 estrelas da bandeira representan os 50 estados do país, e as 13 barras representan ás Trece Colonias orixinais que se independizaron do Reino de Gran Bretaña e se converteron nos primeiros estados da Unión.[1] Ten varios alcumes, como "Stars and Stripes" (estrelas e barras), "Old Glory" (vella gloria),[2] e "The Star-Spangled Banner" (A bandeira das estrelas escintilantes).
O deseño da bandeira foi modificado 26 veces de xeito oficial dende 1777. A bandeira con 48 estrelas foi a oficial durante 47 anos até que a versión con 49 estrelas foi adoptada o 4 de xullo de 1959. A bandeira de 50 estrelas foi proposta durante o goberno do Presidente Eisenhower o 21 de agosto de 1959, e foi adoptada en xullo de 1960. Esta última versión é a que máis tempo leva en uso, (64 anos).[3]
No momento da Declaración de Independencia en xullo de 1776, o Congreso Continental non adoptaría bandeiras con "estrelas brancas nun campo azul" até un ano despois. A bandeira coñecida contemporaneamente como "Continental Colors" está considerada historicamente como a primeira bandeira nacional.[4]
O nome de "Grand Union" foi aplicado por vez primeira por George Preble na súa historia da bandeira americana de 1872.
A bandeira aseméllase á da Compañía Británica das Indias Orientais, e Sir Charles Fawcett suxeriu en 1937 que a bandeira da Compañía inspirou o deseño.[5] Ámbalas dúas puideron terse creado engadindo raias brancas á Red Ensign, unha das tres bandeiras marítimas empregadas daquela polo Imperio Británico.
As primeiras bandeiras americana estaban feitas de cáñamo.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.