Baamonde, Begonte
parroquia civil do concello de Begonte From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Begonte From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago de Baamonde é unha parroquia que se localiza no concello de Begonte. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 329 habitantes (163 homes e 166 mulleres), 47 menos ca en 2004 e 74 menos ca en 1999. Ten seis entidades de poboación.
Baamonde | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Baamonde. | |
Concello | Begonte[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°10′31″N 7°45′23″O |
Poboación | 302 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O topónimo Baamonde ten orixe no nome de posuidor Badamundus (do xermánico *Badu "loita" e *Mund-, "man, protección") a través do xenitivo (Villa) Badamundi.[2]
Está situado a carón da conexión da A-6 coa estrada N-634 e coa A-8. A estación de Baamonde de tren de Adif está situada na liña A Coruña-Palencia.
A igrexa parroquial de Santiago é de orixe románica,[3] e ao seu carón hai un calvario cun conxunto de tres cruceiros, o do centro con imaxes de Cristo e a Virxe Dolorosa.[4] Na vila de Baamonde está a casa museo do escultor Víctor Corral.[5] En Aldea de Arriba situábase a torre de Camarasa, declarada Ben de Interese Cultural a pesar da súa desaparición durante as guerras irmandiñas.[6] O río Parga pasa pola parroquia. Ten unha praia fluvial a carón dun muíño, cunha presa que fai de piscina natural. Neste lugar encóntrase o Centro Recreativo Cultural e Deportivo de Baamonde.[7]
A festa local celébrase o 11 de setembro, día da Virxe do Rosario.
Lugares da parroquia de Baamonde no concello de Begonte (Lugo) | |
---|---|
Aldea de Arriba | Baamonde | A Chafareta | O Pazo | A Rega | Riocovo | A Silvosa | Vilasuso |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.