curso fluvial na provincia de Lugo From Wikipedia, the free encyclopedia
O río Parga é un curso fluvial da Terra Chá. Nos terreos cuaternarios de Begonte, preto da aldea de Insua, desemboca no río Ladra, á súa vez afluente do río Miño.
Atravesa as parroquias de Rocha, Roimil, Carlín, Bra e Seixón (Friol), Mariz, Santa Locaia, Santo Estevo e San Breixo de Parga e Roca (Guitiriz), e Baamonde, Bóveda e San Martiño de Pacios (Begonte).
O Parga posúe diversas fontes, que veñen de drenar a vertente nororiental da Serra da Cova da Serpe e do Cordal de Montouto, ademais de recoller as augas do Cordal de Ousá.
O topónimo Parga podería ter orixe na forma prelatina *Parrika, referida a un curso fluvial con abundancia de troitas ou salmóns, ou quizais na voz *parrik-, referida a un curral, que deu na actual voz parga.[2] Á súa vez, o río deulle nome ás parroquias de Parga, San Breixo de Parga, San Salvador de Parga, Santa Cruz de Parga, Santa Locaia de Parga e Trasparga, parroquias do concello de Guitiriz, así como ao lugar da Pobra de Parga.
A súa cabeceira xorde da confluencia dos regatos Carral, A Fábrica e Fraga, preto da parroquia de Nodar (Friol), que descenden do Cordal de Vilarelle, formando un curso estable que comeza o seu percorrido por terras de Parga e Guitiriz. É neste último concello onde se lles une un dos seus afluentes principais, o río Boedo, cuxos nacentes recollen as augas do Cordal de Montouto, coa axuda dos seus numerosos afluentes. Máis adiante, preto xa de Baamonde, recibe pola súa esquerda ó Roca ou Requeixo.
Outros afluentes pola esquerda son os de Porta da Veiga, Portocando, Ponte Saltillo, Portoscarros, Ladroil, Blanqueño e Vilaflores; e pola dereita son o Lavandeira, Portaxesta, Portafontao, Sambreixo, Medo e Ameneiro.
Ao seu paso pola localidade de Baamonde, encóntrase unha praia fluvial ao lado dun muíño e unha presa que fai de piscina natural para os bañistas.
Cabeceiras do río Parga:
Afluentes do río Parga por orde, dende o nacemento ata a desembocadura:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.