Augustus Saint-Gaudens
escultor, medallista e deseñador de moedas estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Augustus Saint-Gaudens, nado en Dublín o 1 de marzo de 1848 e finado en Cornish, Nova Hampshire, o 3 de agosto de 1907, foi un escultor, medallista e deseñador de moeda estadounidense de orixe irlandesa, da xeración das Belas Artes que encarnou os ideais do American Renaissance.[1][2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1848 Dublín |
Morte | 3 de agosto de 1907 (59 anos) Cornish, Estados Unidos de América (pt) |
Causa da morte | cancro |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América Irlanda |
Educación | Escola Nacional Superior de Belas Artes Academia Nacional de Desenho (pt) Cooper Union (pt) Universidade Stanford |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura |
Ocupación | escultor |
Membro de | |
Profesores | François Jouffroy |
Lingua | Lingua inglesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Fillos | Homer Saint-Gaudens (en) |
De familia franco-irlandesa, Saint-Gaudens criouse en Nova York. Viaxou a Europa para ampliar a súa formación e os seus estudos artísticos. Ao seu regreso a Nova York, acadou un grande éxito de crítica polos seus monumentos conmemorativos dos heroes da guerra civil estadounidense, moitos dos cales seguen en pé. Saint-Gaudens creou obras como o Robert Gould Shaw Memorial, en Boston, ou Abraham Lincoln: The Man, en Chicago, e grandes monumentos ecuestres a xenerais da guerra civil (John Logan Memorial no Grant Park, de Chicago, e William Tecumseh Sherman Memorial na esquina do Central Park de Nova York). Ademais, creou a popular representación historicista do Puritano en Springfield, Massachusetts.[3]
Saint-Gaudens tamén creou obras clásicas como a Diana, e empregou as súas habilidades de deseño na numismática, creando a moeda de ouro de 20 dólares Saint-Gaudens para a Casa da Moeda dos EEUU, considerada unha das moedas estadounidenses máis fermosas xamais emitidas, así como a moeda de 10 dólares Indian Head; ambas cuñadas desde 1907 ata 1933.
Nos seus últimos anos fundou a Cornish Colony, unha colonia de artistas en Nova Hampshire que incluía notables pintores, escultores, escritores e arquitectos. O seu irmán Louis Saint-Gaudens, con quen colaborou ocasionalmente, tamén foi un coñecido escultor.