padre branco francés, vigairo apostólico do Sáhara e o Sudán From Wikipedia, the free encyclopedia
Augustin Prosper Hacquard, M. Afr., nado o 18 de setembro de 1860 en Albestroff (na rexión da Lorena) e finado o 4 de abril de 1901 no río Níxer preto de Ségou (Malí), foi un padre branco francés, vigairo apostólico do Sáhara e o Sudán dende 1898 até o seu pasamento.
Nome orixinal | (fr) Augustin Hacquard |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de setembro de 1860 Albestroff, Francia |
Morte | 4 de abril de 1901 (40 anos) África |
Bispo titular | |
19 de xaneiro de 1898 – Diocese: Q522466 | |
Vigairo apostólico | |
19 de xaneiro de 1898 – Diocese: Arquidiocese de Bamako (pt) | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1898–), sacerdote católico (1884–), explorador |
Lingua | Lingua francesa |
Orde relixiosa | Sociedade dos Missionários da África (pt) |
Consagración | François-Marie-Benjamin Richard de la Vergne (pt) |
Premios |
Naceu o 18 de setembro de 1860 en Albestroff (na rexión da Lorena), fillo do agricultor Christophe Hacquard e de Thérèse Ohlmann, e estudou no seminario menor de Pont-à-Mousson.[1][2] Entrou no novizado en 1878 preto de Alxer, e o 8 de setembro de 1884 foi ordenado sacerdote dos Misioneiros de África; posteriormente pasou a ser profesor no seminario menor de Saint-Eugène, e preparou un doutoramento especializándose en lingua árabe e linguas africanas.[1][2]
Dentro da súa actividade misioneira destaca a súa participación dunha misión en 1894 entre os tuaregs, e a dirección da primeira expedición misioneira a Tombouctou, á que chegou o 21 de maio de 1895.[2] O 19 de xaneiro de 1898 foi nomeado vigairo apostólico do Sáhara e o Sudán e bispo titular de Rusicade, con xurisdición sobre o Sudán francés.[1][2] Recibiu a ordenación episcopal o 28 de agosto do mesmo ano, de mans do cardeal François-Marie-Benjamin Richard, e tivo como co-consagradores a Léon-Antoine-Augustin-Siméon Livinhac, superior da súa congregación, e a Alexandre-Louis-Victor-Aimé Le Roy, superior da Congregación do Espírito Santo.
Foi autor de obras sobre a lingua songai e sobre Tombouctou.[2] Finou afogado o 4 de abril de 1901 no río Níxer preto de Ségou (entón no Sudán francés, hoxe en Malí).[1][2]
O 24 de abril de 1897 foi nomeado cabaleiro da Lexión de Honra.[1][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.