From Wikipedia, the free encyclopedia
Atomizer é o álbum de estrea da banda estadounidense de punk rock Big Black, editado o 1 de xaneiro de 1986 a través do selo Homestead Records.[2]
Atomizer | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Big Black | ||||
Publicado | 1 de xaneiro de 1986 | |||
Duración | 37:37 | |||
Xénero(s) | noise rock, post-hardcore, rock industrial[1] | |||
Selo(s) | Homestead Records | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Foi publicado en CD, co EP Headache e o sinxelo "Heartbeat", co nome The Rich Man's Eight Track Tape, onde se eliminou a canción instrumental "Strange Things", ademais do libreto do LP orixinal. Isto débese á aversión de Steve Albini ao formato CD.
Unha canción do álbum, "Big Money", foi lanzada como cara b do sinxelo "Il Duce" antes da edición de Atomizer. Homestead Records tamén publicou "Big Money" e "Il Duce" como a cara a dun disco de 12", con tres temas ao vivo na cara b (incluída a versión en directo de "Cables", que aparecería en Atomizer) co acordo de que o 12" se usase só par propósitos promocionais. O selo enviou o 12" de promoción a emisoras de radio, e despois vendeu copias extra fóra de Chicago, a cidade de Big Black, agardando que a banda non se enterase. Cando o fixo, Big Black deixou Homestead e fichou por Touch and Go Records.[3]
No ano seguinte ao lanzamento de Atomizer, Big Black gravou o seu EP de catro cancións Headache e publicouno cun adhesivo que dicía, "Atención! Non tan bo como Atomizer, así que non te fagas ilusións". O mesmo adhesivo tamén aparece nalgunhas copias do EP de Sonic Youth Master=Dik. Ese mesmo ano Atomizer foi recompilado nun CD xunto co EP Headache e o sinxelo "Heartbeat" co nome de The Rich Man's Eight Track Tape. O CD omitiu o tema 9 "Strange Things", así como a arte e o libreto dos discos orixinais. No seu lugar, Steve Albini expresou o seu desgusto xeral co formato CD no libreto dicindo, "Este disco compacto, compilado para explotar a aqueles de vostedes o suficientemente crédulos como para posuír o bastardo sistema de música dixital de primeira xeración, contén masters completamente analóxicos. Os discos compactos son bastante duradeiros, sendo esta a súa única vantaxe sobre os medios musicais reais. Debe aproveitar cada oportunidadi para rascalos, tomarlles pegadas dactilares e comer sándwiches de ovo e touciño neles. Nov se preocupe pola súa lonxevidade, xa que Philips declararaos obsoletos cando comece a seguinte fase da bonanza tecnolóxica que exprime o mercado".[4]
Tódolos temas escritos e compostos por Big Black.
N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Jordan, Minnesota" | 3:20 |
2. | "Passing Complexion" | 3:05 |
3. | "Big Money" | 2:30 |
4. | "Kerosene" | 6:05 |
5. | "Bad Houses" | 3:10 |
7. | "Fists of Love" | 4:21 |
8. | "Stinking Drunk" | 3:27 |
9. | "Bazooka Joe" | 4:23 |
10. | "Strange Things" | 3:54 |
11. | ""Cables" (ao vivo)" | 3:12 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.