From Wikipedia, the free encyclopedia
Temoe ou Te Moe ás veces chamada Timo é un atol que depende administrativamente das Illas Gambier na Polinesia francesa.
Temoe | |
---|---|
Datos | |
País | Francia |
Illa principal | Temoe |
Linguas | |
Poboación (2012) | Deshabitado[1] |
Superficie | 2´1 km² |
Superficie lagoa | 12 km² |
Nº de illas | 27 |
Coordenadas | 23°20′S 134°28′O |
Maior Altura | |
Localización | |
Temoe atópase a 50 km ao sueste de Mangareva. Atópase no extremo sueste do arquipélago das Tuamotu, a uns 37 km ao sueste das Illas Gambier e máis de 1700 km ao sueste de Mataiva, no outro extremo do arquipélago de Tuamotu.
De forma trapezoidal, ten 6´8 km de largo e 4´2 km de longo cunha área de 2´1 km² e unha lagoa de 12 km². As súas illas son baixas e planas, e a lagoa cunha profundidade máxima de 23 m. non ten ningún paso navegable para entrar nela. A 25 km ao oeste está un dos principais Arrecifes, o arrecife de Portland de 25 km. de longo, e situado a 10 m de profundidade.
A illa, adscrita administrativamente ás Illas Gambier,[2] está deshabitada de forma permanente.
A primeira mención dalgúns dos atois fixoa o navegante británico James Wilson en 1797, quen a bautizou como Crescent Island.
Está deshabitado desde 1838, cando os misioneiros trasladaron aos seus habitantes a Mangareva para a súa evanxelización.
Temoe está oficialmente deshabitada. Hai antigos restos arqueolóxicos polinesios neste atol solitario. A máis importantes son as estruturas dun templo (marae).[3]
Dise que bucaneiro Edward Davis podería chegar a Temoe e Mangareva en 1686. Pero non hai ningunha proba histórica deste feito.[4]
O primeiro rexistro europeo da chegada a Temoe foi o do navegante británico James Wilson no barco Duff en 1797. O capitán Wilson nomeou este atol "Crescent Island".[5]
En 1838 os misioneros cristiáns trasladaron a todos os habitantes de Temoe a Mangareva para axudar nos traballos de construción.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.