Atol Mataiva

From Wikipedia, the free encyclopedia

Atol Mataivamap

Mataiva é un atol das Tuamotu, na Polinesia Francesa. Administrativamente é unha comuna asociada á comuna de Rangiroa. Está situado no extremo noroeste do arquipélago, a 18 km ao noroeste de Tikehau, e 80 km ao noroeste de Rangiroa.

Datos rápidos Epónimo, Localización ...
Modelo:Xeografía políticaAtol Mataiva
Imaxe

EpónimoMihail Petrovich Lazarev (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata
 14°53′S 148°43′O
ColectividadePolinesia Francesa
División administrativa da Polinesia FrancesaIllas Tuamotu-Gambier
Comuna da Polinesia FrancesaComuna de Rangiroa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie16 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Pechar

O atol ten unha forma ovalada de 10 km de longo e 5,3 km de ancho. A lagoa é pouco profunda e moi rica en fosfatos. No centro da lagoa hai un monólito de basalto negro. A coroa de escollos ten nove canles entre o océano e a lagoa. O nome Mataiva significa «nove ollos», e moitas veces escríbese incorrectamente como Matahiva. A ambos os dous lados do paso principal está a vila de Pahua unida por unha ponte de 120 metros de longo. O clima é húmido e tropical, cunha temperatura entre 24 e 30 °C, e unha precipitación media anual de 2.500 mm.

Foi descuberto por Bellinghausen en 1820, que o chamou Lazareff. O atol era visitado esporadicamente desde os veciños Tikehau e Rangiroa para colleitar copra e tartarugas mariñas. Desde o 1945 está habitado permanentemente, cunha poboación de 227 habitantes no censo do 1996.

Vista da praia da lagoa interior de Mataiva.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.