Atentados de Bruxelas de 2016
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os atentados de Bruxelas de marzo de 2016 tiveron lugar o día 22 de marzo de 2016 no aeroporto e varias estacións do metro de Bruxelas, onde finaron polo menos 33 persoas e 250 resultaron feridas.[2][3]
Atentados de Bruxelas de marzo de 2016 | |
---|---|
Aeroporto de Bruxelas, Estación Maelbeek/Maalbeek | |
Lugar | Bruxelas Bélxica |
Coordenadas | 50°52′37″N 4°25′54″L |
Data | 22 de marzo de 2016 8:00 a.m. -tempo aproximado- (Bruxelas, Madrid) |
Tipo de ataque | Ataque terrorista suicida |
Arma(s) | Bombas |
Mortos | 33 (31 vítimas e 2 terroristas)[1] |
Feridos | 250 persoas[1] |
Sospeitoso(s) | Estado Islámico |
Motivo | xihadismo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Houbo dúas explosións no Aeroporto de Bruxelas pouco despois das oito da mañá.[4] Unha delas na terminal internacional de saídas, preto dos mostradores de American Airlines e SN Brussels Airlines. Segundo os medios franceses, a outra explosión tivo lugar na pista.[5] As autoridades belgas confirmaron que as explosións foron provocadas por un terrorista suicida.[5]
Unha explosión tivo lugar no traxecto entre as estacións de metro de Maelbeek e Schuman, preto do Parlamento Europeo, ás 09:11 CET.[5][6] O Metro de Bruxelas foi pechado como consecuencia da explosión.[5][7]
Nos atentados, polo menos 33 persoas, incluíndo os dous terroristas suicidas, resultaron mortos e outras 250 persoas feridas, algunhas delas de xeito crítico.[9] Trece persoas morreron no Aeroporto de Bruxelas, mentres que os outros 20 morreron na estación de metro.[10] 81 persoas resultaron feridas no aeroporto, mentres que o resto, resultaron feridas no metro.[11] Este atentado foi o máis grave sufrido en Bélxica en toda a súa historia.[5][12]
Sospéitase que os irmáns, Khalid e Brahim el-Bakraoui, foron os terroristas suicidas que fixeron estoupar as bombas no aeroporto de Bruxelas.[13] Un terceiro home, foi visto xunto a eles nas gravacións de seguridade do aeroporto,[5][14] e foi identificado como Najim Laachraoui.[13][15] A policía belga emitiu unha orde de captura contra el.[16] Estes homes están relacionados coa mesma célula terrorista que perpetrou os ataques terroristas de París en novembro de 2015.[17]
No vídeo de seguridade, os tres homes aparecen empuxando un carro con maletas, nas que se cre que estaban aloxadas as bombas. Segundo o taxista que os levou ao aeroporto, tratou de axudalos coas maletas, pero eles negáronse.[18] Os irmáns el-Bakroui levan un guante na man esquerda, que segundo se cre, serviu para ocultar o detonador.[19]
Horas despois dos atentados, a policía foi levada a un domicilio en Schaerbeek, situado ao norte de Bruxelas, polo condutor do taxi que levou aos sospeitosos ao aeroporto.[18] Tras entrar no domicilio, atoparon restos de materiais químicos, unha bandeira do Estado Islámico, entre outros materiais explosivos.[5]
Laachraoui foi arrestado no suburbio bruxelés de Anderlecht o 23 de marzo.[15][20][21]
O Órgano de Coordinación para a Análise da Ameaza (OCAM polas súas siglas en francés) activou o nivel 4 de alerta en todo o territorio nacional de Bélxica.[22]
Os voos, instalacións ferroviarias, metro e demais instalacións de transporte, así como colexios e instalacións públicas foron pechadas.[23] Así mesmo, o Parlamento Europeo foi evacuado e todas as reunións foron canceladas.[24] O campus da ULB (Universidade libre de Bruxelas) foi evacuado[25].
O Ministro de Interior belga anunciou que o nivel de alerta terrorista sería elevado ao máximo por mor dos ataques.[26]
Pouco despois de coñecerse a noticia das explosións, Israel emitiu unha prohibición a todos os voos procedentes de Europa. A prohibición ten vixencia desde as 10:30 ata a media noite (hora de Israel). Esta prohibición non afecta aos voos saíntes do país.[27]
Na fronteira entre Bélxica e os Países Baixos viuse reforzada a presenza policial.[28] A seguridade reforzouse no Aeroporto de Schiphol.[29] A seguridade tamén se viu reforzada nas catro principais estacións de tren e nas estacións fronteirizas con Bélxica.[30]
A fronteira entre Francia e Bélxica pechouse.[31] O Ministro de Interior de Francia, Bernard Cazeneuve indicou que Francia aumentará a presenza policial nas fronteiras, e será obrigatorio levar tarxetas de identificación no transporte público.[32]
O Primeiro Ministro Manuel Valls afirmou que Europa está en guerra desde hai varios meses.[33] Pola súa banda, a alcaldesa de París Anne Hidalgo, anunciou que a Torre Eiffel iluminarase coas cores da bandeira de Bélxica a tarde do 22 de marzo.[34]
A estación de tren parisiense, Gare du Nord que ofrece servizos ata Bruxelas foi pechada de xeito temporal.[35]
No Reino Unido a seguridade aumentou no Aeroporto de Gatwick.[4] O Primeiro Ministro David Cameron convocou o comité de emerxencia para analizar a situación.[36]
Unha primeira comparecencia do Ministro de Asuntos Exteriores e de Cooperación, José Manuel García-Margallo responsabiliza ao grupo DAESH dos atentados.[37]
Todas as bolsas europeas rexistraron fortes caídas tras coñecerse a noticia.[38]
Horas despois do atentado o cancelo #JeSuisBruxelles e imaxes de Tintín chorando foron utilizadas nas redes sociais como reacción dos cidadáns fronte ao masacre.[39][40][41][42][43]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.