Aspergillus nidulans
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Aspergillus nidulans (tamén chamado Emericella nidulans cando nos referimos á súa forma sexual ou teleomorfo) é unha especie de fungos filamentosos do filo Ascomycota. Foi un importante organismo modelo para o estudo da célula eucariota[1] desde hai 50 anos,[2] que se utilizou nunha ampla variedade de investigacións sobre recombinación xenética, reparación do ADN, mutación, control do ciclo celular, tubulina, cromatina, nucleocinese, patoxénese, metabolismo,[3] e evolución experimental.[4] É unha das poucas especies do seu xénero que pode formar esporas sexuais por meiose, permitindo o cruzamento de cepas no laboratorio. A. nidulans é un fungo homotálico, o que significa que pode autofertilizarse e formar corpos frutíferos en ausencia dun compañeiro de apareamento, pero a reprodución sexual heterotálica tamén é posible. Ten hifas septadas que forman un micelio branco e unha colonia de textura laúda. A cor verde das colonias de tipo silvestre ou salvaxe débese á pigmentación das esporas, pero mutacións na ruta da pigmentación poden producir esporas doutras cores.
Aspergillus nidulans | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
A. nidulans con esporas verdes de tipo silvestre, crecidas en condicións de laboratorio. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Emericella nidulans |
O xenoma de A. nidulans secuenciouse nunha colaboración entre Monsanto e o Broad Institute.[5] Unha secuencia cunha cobertura de 13× publicouse en marzo de 2003;[5] a análise do xenoma anotado publicouse en Nature en decembro de 2005.[6] Ten un tamaño de 30 millóns de pares de bases e predise que contén uns 9.500 xenes codificantes de proteínas distribuídos en oito cromosomas.
Recentemente, illáronse varias proteases similares ás caspases de mostras de A. nidulans coas cales se induciu a morte celular programada. Descubrimentos como estes teñen un papel clave na determinación da conservación evolutiva da mitocondria na célula eucariota, e no seu papel como antiga alfaproteobacteria.[7][8]
A reprodución sexual ocorre de dous xeitos fundamentalmente diferentes. Un é o cruzamento ou sexo heterotálico, no cal dous individuos distintos contribúen cos seus núcleos, e o outro é por sexo homotálico ou autofertilización, na cal os núcleos derivan do mesmo individuo. A autofertilización en A. nidulans supón a activación das mesmas vías de apareamento características do sexo do cruzamento heterotálico, pero nun só individuo.[9] A fusión de núcleos haploides ocorre en estruturas reprodutoras chamadas cleistotecios, nos cales o cigoto diploide sofre divisións meióticas para dar lugar a ascósporas haploides.
A anidulafunxina[10] é un fármaco antifúnxico semisintético lipopeptídico da subclase da equinocandina B, derivado dun produto de fermentación de A. nidulans var. echinulatus cepa A 32204, descuberto en Alemaña en 1974;[11] as equinocandinas desestabilizan a parede celular fúnxica inhibindo a síntese dun compoñente integral chamado glicano, pola inhibición non-competitiva do encima 1,3-β glicano sintase.[12][13]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.