Arzúa
concello da comarca de Arzúa, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
concello da comarca de Arzúa, na provincia da Coruña From Wikipedia, the free encyclopedia
Arzúa é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Arzúa. Segundo o IGE en 2018 tiña 6053 habitantes. O xentilicio é «arzuán».[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital de | |||||
Capital | Arzúa | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.901 (2023) (37,95 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 155,48 km² | ||||
Altitude | 385 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Xoán Xesús Carril Ramos (2023–) | ||||
Eleccións municipais en Arzúa | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15810 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15006 | ||||
Páxina web | concellodearzua.org |
Limita cos concellos de Boimorto, Melide, Santiso, Vila de Cruces (provincia de Pontevedra), Touro, O Pino e Frades.
Censo total | 6219 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 631 (10,15 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3768 (60,59 %) |
Maiores de 65 anos | 1820 (29,26 %) |
Evolución da poboación de Arzúa Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
9036 | 8743 | 10 754 | 7377 | 6632 | 6490 | 6328 | 6315 | 6276 | ||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Arzúa foi confundida coa cidade de Araduca, poboada por galaicos brácaros e situada preto do actual Porto, citada por Tolomeo na súa Xeografía do século II despois da era actual. Segundo Manuel C. Díaz y Díaz o topónimo tería orixe latina: argia, -mato-. En galego arxe, é palabra moi común na zona de Arzúa, Boimorto, Touro e Santiso, de certa profusión no noroeste peninsular do século VII. A orixe do actual nome de Arzúa estaría en argiola, zona máis ou menos extensa dominada por toxos, xestas, silveiras e carrasco. A forma máis antiga do nome de Arzúa sería Arçúa,(Arxúa en galego actual) co tempo castelanizaríase polo actual Arzúa[2]. Segundo Fernández López, Arzúa viría de A-Re-Sua ou aream sudam ("espazo soleado"), Ara-súa. Asentamento romano agrícola, leira en renda ou propiedade ben orientada ao sol que medraría vinculada ao Camiño Primitivo ou á Vía XIX[3].
É tradición que as campás da igrexa de Santa María de Rendal, parroquia de Arzúa, posúen poderes curativos e son capaces de curar a dor de moas se os que a sufrían tanxían as campás collendo cos dentes o cabo do badalo o Sábado de Gloria. Tamén son curativas as augas da fonte de San Lourenso de Brandeso, noutrora moi nomeadas, estando indicadas para enfermidades da pel e úlceras crónicas [4].
A feira de Arzúa celébrase os días 8 e 22. Existen outras concentracións feirais con asistencia pública importante, como a festa do queixo, de sona nacional, e que se realiza anualmente o primeiro domingo de marzo. As outras feiras que organiza o concello son:
A parte de feiras, no concello existen outras datas sinaladas que levan parella unha conmemoración, tal é o caso do Día das Letras Galegas, o Día da Galiza mártir ou o Día do Libro.[5] En diferentes parroquias de Arzúa existen outras festas a destacar, como son:
Outras celebracións son as tradicionais festas e romarías que se reparten durante todo o ano por tódolos currunchos das terras arzuás:
Arzúa posúe unha denominación de orixe dos seus queixos Arzúa-Ulloa, un dos máis representativos de Galicia. Todos os anos, o primeiro domingo de marzo faise a festa do queixo.
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Arzúa vexa: Lugares de Arzúa.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.