Dombodán, Arzúa
parroquia civil do concello de Arzúa From Wikipedia, the free encyclopedia
San Cristovo de Dombodán[1] é unha parroquia situada ó suroeste do concello coruñés de Arzúa na comarca de Arzúa. Segundo datos do IGE, no ano 2018 tiña unha poboación de 224 habitantes (107 homes e 117 mulleres). Limita co concello de Touro. O seu relevo, aínda que non agreste tampouco é plano, e vai desde o río Ulla até o couto do Viso. A súa poboación dedícase ó sector primario de forma xeneralizada, aínda que tamén estea presente o sector servizos, o comercio e a construción.
![]() | Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
Dombodán | |
---|---|
![]() Ponte San Xusto | |
Concello | Arzúa[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°51′53″N 8°12′10″O |
Área | 6,97 km² |
Poboación | 224 hab. (2018) |
Densidade | 32,14 hab./km² |
Entidades de poboación | 19[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio histórico artístico

A súa igrexa parroquial data de 1756. Feita en cantaría, a súa fachada é de estilo barroco-compostelán. Está coroada cunha espadana de características semellantes ás das priorais da Mariña de Lugo. O resto da nave está feita en pedra ordinaria.
No seu interior hai dous retablos: o Maior e o das Dolores, ámbolos dous de finais do século XVIII (1797), feitos polo mestre arquitecto e escultor Juan Domínguez seguindo os planos de Miguel Ferro Caaveiro.
Sábese que esta capela pertenceu ó pazo de Brandeso. Veñen a este Santuario a pedir contra o gurgullo do gran e por un bo parto. Esta petición implica revirar unha tella da Capela como "recordatorio".
Festas
Celébranse as súas festas os días 30 e 31 de xullo, e no primeiro domingo de setembro celébrase a Romaría do Viso na capela do mesmo nome, situada na cima do couto do Viso, desde onde se di que a Virxe pode ver a do Corpiño e a de Rendal.
Na parroquia atópase tamén o Museo Vivente do Mel.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Dombodán, Arzúa.
- Imaxe da igrexa de Dombodán.
- Nova ponte de San Xusto.
- O río Ulla na vella ponte San Xusto.
- Lugar de Gomesende.
Lugares e parroquias
Lugares de Dombodán
Lugares da parroquia de Dombodán no concello coruñés de Arzúa | |
---|---|
A Agra de Pares | Casal de Arriba | Casal de Souto | Dombodán | Gomesende | Gramil | As Hortas | Nabás | Outeiro | A Pedreira | A Pedreiriña | Ponte San Xusto | Portodemouros | Remesil | A Torre | Trasbar | Trasmonte | O Viso | A Xesteira |
Parroquias de Arzúa
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.