Escritor e xornalista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Arturo Pérez-Reverte Gutiérrez, nado en Cartaxena o 25 de novembro de 1951, é un novelista e periodista español. Ocupa a cadeira da letra "T" na Real Academia Española, cargo para o que foi elixido o 23 de xaneiro de 2003 e do que tomou posesión o 12 de xuño.[1]
Licenciado en Xornalismo, durante os tres primeiros anos da súa carreira cursou simultaneamente estudos de Ciencias Políticas. Exerceu como reporteiro de guerra durante 21 anos (1973-1994), primeiro formando parte de diario Pueblo, onde estivo doce anos, e logo para Televisión Española. En 1977 fundou co seu compañeiro Vicente Talón a revista Defensa, que saíu á venda en abril de 1978, e da que foi redactor xefe ata que os seus compromisos o obrigaron a deixar a editorial.
A principios dos anos 90 presentou na RNE o programa nocturno La Ley de la Calle, no que participaban personaxes de diversos ámbitos, e que foi clausurado polo director de RTVE Jordi García Candau. Entre 1993 e 1994 presentou, tamén en Televisión Española, o programa sobre a actualidade da crónica negra Código Uno, do que renegaría publicamente antes de presentar a súa dimisión. Tal como expuxo na súa obra Territorio Comanche despediuse da canle decepcionado pola falta de medios e pola politización da televisión.
Como correspondente de guerra cubriu conflitos armados en Chipre, Líbano, Eritrea, o Sáhara Occidental, as Illas Malvinas, O Salvador, Nicaragua, Chad, Libia, Sudán, Mozambique, Angola, o Golfo Pérsico, Croacia e Bosnia e Hercegovina entre outros.
Comezou a súa carreira de novelista en 1986 coa publicación de El maestro de esgrima, aínda que xa publicara con discreto éxito a novela curta El húsar. Dende 1991 é columnista no suplemento dominical El Semanal e en 1994 abandonou a súa profesión de reporteiro para dedicarse exclusivamente á literatura. As súas obras El maestro de esgrima, La tabla de Flandes e El club Dumas foron adaptadas ao cinema con grande éxito, esta última co título de The Ninth Gate, de Roman Polanski. En 2006 estreouse o filme Alatriste, baseado na súa colección de novelas de El capitán Alatriste, e en 2007 presentouse a película de La carta esférica.
Ingresou na Real Academia Español en xuño de 2003 para ocupar a cadeira da letra "T", vacante dende a morte do filólogo Manuel Alvar en 2001. O 18 de febreiro de 2004 foi investido como o primeiro doutor honoris causa da Universidade Politécnica de Cartaxena.
En maio de 2011, a Audiencia Provincial de Madrid condeou a Pérez-Reverte a pagar 80.000 euros ó cineasta Antonio González-Vigil, que demandou o novelista por plaxiar o guión da película Gitano, estreada no ano 2000. Pérez-Reverte, en desacordo con esta sentenza, recorreu ó Tribunal Supremo, que terá que decidir sobre este tema.
É coñecido o seu posicionamento contrario a calquera tipo de nacionalismo.[2][3][4] É amigo de Manuel Rivas, Pedro Feijoo e declarouse fan de Castelao.[5]
Viaxeiro, bibliófilo, navegante e estudoso da lendaria tradición heroica española, Pérez-Reverte comezou escribindo éxitos de vendas culturalistas, como La Tabla de Flandes, e xogou coa novela histórica e o suspense en obras como El maestro de esgrima ou El club Dumas. Porén, a súa amarga experiencia como reporteiro de guerra foise reflectindo paseniño na súa obra a partir de Territorio Comanche, expresándose a través de temas como a canseira do heroe, a aventura, a amizade, a viaxe como perigo, a morte como última viaxe, e a cultura e a memoria como única salvación que permite comprender a realidade, soportar a dor e coñecer a identidade da persoa e do mundo. A visión que o escritor ten da existencia en xeral é sombría. Aborrece o humanismo cristián e cre que a filosofía pagá ten unha visión máis exacta e cruel do mundo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.