filósofo, matemático, astrónomo, estadista e xeneral contemporáneo de Platón From Wikipedia, the free encyclopedia
Arquitas de Tarento (en grego antigo: Ἀρχύτας ὁ Ταραντίνος), nado en Tarento arredor de 430 a. C. e finado en 360 a. C. foi un filósofo, matemático, astrónomo, estadista e xeneral contemporáneo de Platón.
Nome orixinal | (grc) Ἀρχύτας ὁ Ταραντίνος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (grc) Ἀρχύτας c. 430 a. C. Taranto (pt) |
Morte | c. 345 a. C. (84/85 anos) Taranto (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Matemáticas e música |
Ocupación | matemático , musicólogo , enxeñeiro , filósofo , físico , político |
Período de actividade | (Con vida en: século IV a. C. ) |
Movemento | Escola pitagórica (pt) e Presocráticos |
Profesores | Filolao |
Alumnos | Eudoxo de Cnido |
Lingua | Grego antigo |
Obra | |
Obras destacables
| |
Arquitas naceu en Tarento (Magna Grecia, hoxe Italia) entre os anos 435 e 410 a. C. Fillo de Hestieo, segundo Aristóxenes, ou de Mneságoras, segundo Dióxenes Laercio.[1] Foi comandante en tres guerras, e strategos de Tarento durante sete anos, o que indica o seu prestixio social xa que a lei prohibía a reelección máis dun ano. Conduciu unha reforma política en Tarento mediante a que chegou a ser a cidade máis rica e poboada da Magna Grecia. A través da construción de memoriais, templos e outros edificios deulle lustre á cidade. Axudou a dar novos impulsos ao comercio ao buscar asociacións con Istria, Grecia e África.
Arquitas de Tarento pertenceu aos Pitagóricos, alumno da escola de Filolao. Foi amigo de Platón, ao que coñeceu durante a primeira viaxe que este realizou ao sur de Italia e a Sicilia en 388 e 387 a. C., tras a morte de Sócrates. Na súa Carta Sétima, Platón asegura que Arquitas tratou de rescatalo nas súas dificultades con Dionisio II de Siracusa mediante unha carta de recomendación e enviando un barco a Sicilia en 361 a. C. Para algúns autores foi o mestre pitagórico de Platón e para outros o seu discípulo.
Ensinou matemáticas a Eudoxo de Cnido, sendo á súa vez mestre de Menecmo.[2] Foi a primeira persoa en lograr unha boa aproximación ao problema da duplicación do cubo, e un dos primeiros que, tras Pitágoras, traballou no coñecemento conxunto da Aritmética, Xeometría, Astronomía e Música, o Cuadrivio, así como da Acústica, acoutando as matemáticas a disciplinas técnicas, coas cales se cre inventou a polea, o parafuso e unha especie de mecanismo articulado con ás, similar a un paxaro, ao que logrou facer voar preto de 300 metros grazas ao impulso dun núcleo de vapor comprimido. Segundo Aristóteles foi o inventor do axóuxere.[3] Outros tamén aseguran a súa influencia directa sobre Euclides.
Segundo conta Horacio nunha das súas odas, Arquitas faleceu nun naufraxio nas costas de Puglia entre os anos 360 e 350 a. C. Horacio escribiu que o seu corpo permaneceu sen sepultura na beira ata que un navegante botou area encima, pois doutra forma vagaría neste lado da lagoa Estixia durante cen anos.
O cráter Archytas da Lúa foi nomeado na súa honra.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.