From Wikipedia, the free encyclopedia
Arnulfo de Metz, nado Lay-Saint-Christophe, preto de Nancy, contra 582, e finado en Saint-Amé (Lorena) o 18 de xullo de 640,[1] foi un nobre político e relixioso franco.
Nome orixinal | (de) Arnulf (fr) Arnoul |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 580 ↔ 585 Lay-Saint-Christophe |
Morte | 18 de xullo de 641 Remiremont |
Roman Catholic Bishop of Metz (en) | |
614 – 629 ← Pappolus (en) – Goeric de Metz (pt) → | |
Bispo | |
Diocese: Diocese de Metz (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico , bispo católico |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 18 de xullo |
Familia | |
Familia | Arnulfianos |
Cónxuxe | Doda de Metz (596 (Gregoriano)–) |
Fillos | Ansegisel (pt) , Clodulfo de Metz (pt) |
Parentes | Arnoaldo (pt) (may be father (en) ) Bodegisel (pt) (may be father (en) ) Chrodoara (pt) () |
Como político gobernou, na práctica, o reino merovinxio de Austrasia, baixo o reinado de Pipino o Vello, até que se converteu nun eremita preto do mosteiro do Monte Habend, fundado polo seu amigo Romaric.[2]
Como eclesiástico, foi o 29º bispo de Metz, onde pontificou desde o ano 613 ao 628.[1]
Foi o fundador da dinastía dos Arnulfianos, entroncada coa dos Pipínidas. Era o pai de Ansegisel, pai de Pipino de Heristal, e bisavó do emperador Carlomagno, polo que é un dos devanceiros da dinastía carolinxia.
Fervente cristián, que estivo probabelmente en contacto cos monxes irlandeses que percorrían a rexión dos Vosgos,[2] é coñecido como santo Arnulfo de Metz, venerado como santo pola Igrexa católica, sendo a súa festividade o 18 de xullo.[3][4]
Arnulfo aparece como unha das personalidades máis atractivas do reino merovinxio de Austrasia: foi un político moi influente, nomeado bispo de Metz a pesar da súa reticencia, a súa reputación era inmensa. Ao acceder Dagoberto I ao trono en 629, decidiu abandonar o mundo. Co seu amigo Romaric, retirouse ao bosque de Abend (Remiremont) e estableceu alí a súa ermida. Viviu alí once anos e morreu no 641 en olor de santidade. Esta vida tan chea, en "tres ocasións" de aproximadamente a mesma lonxitude, moi intensa, é polo tanto moi interesante para os historiadores, xa que abrangue tres dimensións esenciais da época: o poder na sociedade, na Igrexa e a elección da vida eremítica, coa soidade como unha forma de autocoñecemento persoal a través da penitencia do corpo e a soidade. A pesar das dificultades das fontes para produciren relatos históricos precisos e fiábeis, podemos estar atentos ao que a súa vida significa para nós mesmo nos tempos actuais.[2][5]
A ascendencia de Arnulfo foi debatida desde o século IX. Os documentos contemporáneos a el din que era da máis alta nobreza franca, mentres que as xenealoxías posteriores atribúenlle como pai a Arnoaldo, o seu predecesr como bispo de Metz, ou a Bodoxisel, embaixador franco en Constantinopla.
Na súa xuventude, Arnulfo de Metz entrou ao servizo da corte de Austrasia baixo a rexencia Brunexilda. Xunto con Pipino o Vello foi un dos protagonistas que en 613 acabaron co poder de Brunexilda e entronizaron a Clotario II, soberán que lle confiou a educación do seu fillo Dagoberto I, ao que serviu como conselleiro a partir do ano 623. Máis tarde estivo ao servizo do rei Teodeberto II.
Dotado de aptitudes para supervisar, mandar, dirixir, protexer e decidir,[6] calidades que recoñeceron os nobres do mundo franco, Arnulfo converteuse no «representante máis ilustre da autoridade real en Austrasia»[7] ao sinalar que o rei lle confiou a administración de seis provincias.[8]
Arnulfo tivo dous fillos coa aristócrata Doda: Ansxgisel (602-679), mordomo de palacio de Sixeberto III e pai de Pipino de Heristal, e Clodulfo de Metz (605-697), que o sucedeu como bispo e que é tamén venerado como santo pola Igrexa Católica.
Posteriormenre converteuse, en 612, en bispo de Metz, capital do Reino de Austrasia. No ano 627 retirouse ao mosteiro de Remiremont, onde morreu o 18 de xullo de 641.[9] Posteriormente, o seu corpo foi trasladado a Metz, onde xace unha basílica dedicada a el.
É o santo patrón de Metz, e dos cervexeiros da Lorena.
Do matrimonio do seu fillo Ansexisel con Bega, filla de Pipino o Vello, naceu Pipino de Heristal, bisavó de Carlomagno, é dicir, en Arnulfo encóntrase unha das orixes da Dinastía Carolinxia. Por esta vía, é antepasado de moitos reis europeos, como Hugo Capeto, Henrique VIII de Inglaterra e Lois XIV de Francia. Na actualidade Isabel II do Reino Unido, Filipe VI de España, Margarida II de Dinamarca, Carlos XVI Gustavo de Suecia e Harald V de Noruega son afastados descendentes de Arnulfo de Metz. Esta xenealoxía é clave para as reconstruciónes prosopográficas que fai Christian Settipani buscando encontrar liñaxes ancestrais.
Bodoxisel embaixador en Bizancio († 589) | Chrodoara abadesa de Amay († 611 ?) | Arnoaldo bispo de Metz († 601) | |||||||||||||||||||||||||||||||
Arnulfo bispo de Metz († 641) | Doda | Pipino o Vello mordomo de palacio († 640) | |||||||||||||||||||||||||||||||
Clodulfo bispo de Metz († 697) | Ansexisel dux et domesticus († 662) | Bega († 693) | |||||||||||||||||||||||||||||||
Aunulfo († 697/714) | Martin conde († 680) | Clotilde Doda x Teodorico III roi dos francos | Pipino de Heristal mordomo de palacio († 714) | ||||||||||||||||||||||||||||||
O nome de Doda non aparece até o século X, mencionada par Ummo na segunda Vita Arnulfi.[10]
Algunhas xenealoxías mencionan ás veces un terceiro fillo de Arnulfo, Walchiso, que foi o pai de Wandrexisilo, coñecido na posteridade como san Wandrilo.[11] Isto está en contradición con varios outros textos, na primeira Vita Arnulfi, Paulo Diácono, especifica que san Arnulfo deixou só dous fillos. De feito, esta adición xenealóxica é o resultado dunha mala interpretación da Vita Ansberti que nomea princeps Pipinus Ansegisili filius como consobrinus...beati patris Wandragisili («O príncipe Pipino, fillo de Ansexisel, é o curmán do santo pai Wandrille»). Consobrinus tomouse no sentido de "primo irmán" e os historiadores deduciron unha irmandade entre Ansexisel e Waldexisel, o pai de sant Wandrilo. De feito, o parentesco, un pouco máis distante, pódese explicar doutra maneira: san Wandrillo é neto de Waldrade, irmá de Pipino o Vello. (Sempre segundo Ummo e a súa segunda Vita Arnulfi).[12]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.