Clotario II

rei de Neustria, París e finalmente dos francos From Wikipedia, the free encyclopedia

Clotario II

Clotario II, nado en 584 e finado en 629, foi rei de Neustria, París e finalmente dos francos. Fillo de Khilperico I e de Fredegunda. Pai de Dagoberto I.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Clotario II
Thumb
Biografía
Nacemento584 (Gregoriano)
valor descoñecido
Morte18 de outubro de 629 (44/45 anos)
valor descoñecido
Lugar de sepulturaAbadia de Saint-Germain-des-Prés (pt)
Rei dos francos
Actividade
Ocupaciónmonarca
Outro
TítuloRei dos francos (613–623)
Rei dos francos (613–629)
Rei dos francos (584–629)
FamiliaDinastía Merovinxia
CónxuxeHaldetrude
Bertrude
Sichilda
FillosEmma da Austrásia
 () Haldetrude
Meroveo
 () Haldetrude
Berta
 () Bertrude
Enimia
 ()
Dagoberto I
 () Bertrude
Cariberto II
 () Sichilda
PaisKhilperico I   e Fredegunda
IrmánsBasina, daughter of Chilperic I
Rigunda
Childesinda
Merovech of Soissons
Theudebert of Soissons
Clovis
Clodeberto
Sansão
Dagoberto
Teodorico
Sinatura Thumb

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Хлотарь II)
Allgemeine Deutsche Biographie
The Nuttall Encyclopædia >>>:Clotaire II.
WikiTree: Merovingian-16
Pechar
Thumb

Traxectoria

Proclamado rei de Neustria á morte do seu pai con só meses de idade. A rexencia lévaa a súa nai Fredegunda. Pronto comezou a ter problemas cos nobres que lle reprochaban a forma en que obtivera o poder.

Non podendo gobernar só, chamou ao seu cuñado Gontrán I, que xa controlaba a maioría do reino franco. Este fai promulgar no ano 587 mediante o tratado de Andelot numerosas reformas conducentes a simplificar a xestión do reino.

Gontrán fai tamén recoñecer, baixo o nome da lei sálica, un costume segundo a cal o rei non necesitará dividir o reino entre os seus herdeiros. Debe designar un só e único sucesor. Se non o fai, terase en conta a primoxenitura masculina ou o parentesco próximo.

Gontrán morreu no 592, deixando ao seu sobriño baixo a tutela dun consello formado por leudes e Mordomos de Palacio. Fredegunda morreu no 597, deixando ao seu fillo con enormes dificultades.

Gontrán deixara a maior parte das súas posesións ao seu outro sobriño, Khildeberto II. Á súa morte Clotario convértese no rei de todos os francos.

Un dos primeiros actos de Clotario foi de vinganza. Fai asasinar a Brunequilda, nunha ofrenda póstuma á súa nai.

Desde o 613 ata a súa morte no 629, Clotario II goberna un país franco unificado, pacificado, pero con xordas loitas de influencia entre o poder central e os seus leudes, que non puidera eliminar, necesitando numerosos administradores para un reino tan grande. Neste momento é cando comeza o poderío dos mordomos de palacio, aos cales cede o mando dos exércitos e recoñece como hereditario o cargo de mordomo. Constituíndo unha ameaza para o trono.

Á súa morte, Clotario II deixa o xerme da decadencia merovinxia, aínda que o seu comezo estará atrasada pola acción do seu fillo, o último gran rei merovinxio, Dagoberto I.

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.