especie botánica From Wikipedia, the free encyclopedia
A arleira [1] ou berberiz[2] (Berberis vulgaris) é unha especie de arbusto espiñento pertencente á familia das berberidáceas.
Arleira | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ilustración. | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Berberis vulgaris L. |
É un arbusto denso armado de espiños triplos. Ten os talos leñosos que acadan até os 2 m de altura, son erectos e ramificados coa casca de cor cinsenta. As follas son ovais, alternas, con pecíolo curto duns tres centímetros de lonxitude. Presentan unha gradación desde follas até espiños, de forma que as de máis dun ano vanse transformando en espiños. As flores aparecen entre abril e xuño, son miñudas e amarelas, agrupadas en pequenos acios pénsiles. Os froitos son bagas de 1 cm de lonxitude de cor vermella brillante, acedas pero de sabor agradábel.
Nesta planta pódese desenvolver a fase acídica do perigoso fungo Puccinia graminis (ferruxe negra), que provoca a doenza da ferruxe dos cereais.
É un arbusto moi común nos bosques e pastos semi-áridos en terreos calcarios de Europa central e meridional e Asia occidental. Tense tamén naturalizado nos Estados Unidos.
Contén alcaloides derivados da isoquinolina: berberina[3] (3 %), oxicantina (1,5 %) tamén contén taninos e saponinas.
A casca da raíz é útil en conxestións hepatobiliares e coleocistite e contra a retención de ouriños. Tamén é un laxante discreto. A planta, con excepción dos seus froitos e sementes, é lixeiramente tóxica. O seu axente máis poderoso é a berberina, que tamén se sabe que ten unha serie de efectos terapéuticos.
En Europa, as bagas utilízanse tradicionalmente para facer marmelada. No suroeste de Asia, especialmente no Irán, onde se lles chama zereshk (زرشک), as bagas utilízanse para cociñar, así como para facer marmelada.
É moi utilizado en xardinaría como planta ornamental.
A planta serve de alimento ás larvas novas da avelaíña Auchmis detersa.
Crece en outeiros asollados, entre os arbustos, en luminosos bosques de folla caediza e coníferas. Agrádalle os solos fértiles e calcarios arxilosos.
Berberis vulgaris foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 1: 330–331. 1753.[4]
Berberis: nome xenérico que é a forma latinizada do nome árabe da froita.[5]
vulgaris: epíteto latino que significa "común".[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.