From Wikipedia, the free encyclopedia
Aristófanes de Bizancio, en grego Ἀριστοφάνης / Aristofánes, nado en Bizancio contra o -257 e finado en Alexandría contra o -180, foi un gramático e crítico grego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 257 a. C. Bizancio |
Morte | c. 180 a. C. (76/77 anos) Alexandría |
Director da Biblioteca de Alexandría | |
200 a. C. – ← Eratóstenes – Aristarco de Samotracia → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Período helenístico de Exipto |
Actividade | |
Campo de traballo | Estudos homéricos (pt) |
Ocupación | lexicógrafo , bibliotecario , lingüista , gramático |
Período de tempo | Período helenístico |
Profesores | Calímaco e Zenódoto de Éfeso |
Alumnos | Aristarco de Samotracia |
Lingua | Grego antigo |
Nado sobre o -257, parte para Alexandría durante a súa xuventude e convértese en discípulo de Zenódoto e de Calímaco de Cirene. Conságrase aos poemas homéricos, dos que dá a primeira edición verdadeiramente crítica, e ás obras de Hesíodo, Alceo, Píndaro, Sófocles, Eurípides, Aristófanes ou mesmo Menandro, para as que escribe introducións. É tamén autor dun Léxico que contén palabras arcaicas e usuais, sinónimos, dos textos usuais etc. Á morte de Apolonio de Rodas, en -195, pasa a dirixir a Biblioteca de Alexandría. Atribúeselle o ordenamento dos diacríticos do alfabeto grego
Foi eclipsado polo seu discípulo, Aristarco de Samotracia, pero a Antigüidade vía nel un dos seus mellores gramáticos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.