Menandro (comediógrafo)
dramaturgo da antiga Grecia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Menandro (grego antigo, Μένανδρος) (Atenas, ca. 342–291 a.C.) foi un dramaturgo grego, o principal representante da Comedia nova.
Naceu nunha familia distinguida e recibiu unha educación esmerada. Foi amigo de Epicuro dende a infancia e parece que discípulo de Teofrasto. Comezou o seu labor teatral desde moi novo, a súa primeira peza datada foi A cólera no 321 a.C. á que seguiron 108 comedias máis. Tan só unha das súas obras se conserva enteira, O díscolo, outras seis están case enteiras: Epitrépontes, Misoúmenos, Aspís, Perikeiroméne, Samia e Sicyonios. Doutras 18 pezas consérvanse escenas soltas.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Menandro |
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
