Arduino
From Wikipedia, the free encyclopedia
Arduino é unha plataforma de hardware e software libre, baseada nunha placa cun microcontrolador e un contorno de desenvolvemento (IDE), deseñada para facilitar o uso da electrónica en proxectos multidisciplinares.[1][2]
Arduino | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor(es) | Arduino Software |
Última versión | 1.0.1 (21 de maio de 2012) |
Sistema operativo | Linux 32/64 bits Windows Mac OS X |
Lingua/s | Varias Galego: ![]() |
Tipo | IDE Contorno de desenvolvemento integrado |
Licenza | LGPL ou GPL |
Sitio web | arduino.cc |
O hardware consiste nunha placa cun microcontrolador Atmel AVR e portos de entrada/saída.[3] Os microcontroladores máis usados son o Atmega168, Atmega328, Atmega1280, ATmega8 pola súa sinxeleza e baixo custo que permiten o desenvolvemento de múltiples deseños. Doutra banda o software consiste nun contorno de desenvolvemento que pon en funcionamento a linguaxe de programación con Processing e Wiring e o cargador de arranque (boot loader) que corre na placa.[3]
Arduino pódese utilizar para desenvolver obxectos interactivos autónomos ou pode ser conectado a software do computador (por exemplo: Macromedia Flash, Processing, Max/MSP, Pure Data). As placas pódense montar a man ou adquirirse. O contorno de desenvolvemento integrado libre pódese descargar gratuitamente.
Ao ser open-hardware, tanto o seu deseño como a súa distribución é libre. É dicir, pode utilizarse libremente para o desenvolvemento de calquera tipo de proxecto sen adquirir ningunha licenza.
O proxecto Arduino recibiu unha mención honorífica na categoría de Comunidades Dixital no Prix Ars Electronica de 2006.[4][5][6]