![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/83/Wiring_ide.jpg/640px-Wiring_ide.jpg&w=640&q=50)
Wiring
From Wikipedia, the free encyclopedia
Wiring é unha plataforma de prototipado electrónico de hardware libre composta por unha linguaxe de programación, un contorno de desenvolvemento integrado (IDE) e un microcontrolador da placa. O sistema foi creado xunto con deseñadores e artistas de forma que usuarios avanzados, medios e principiantes ao redor do mundo poidesen compartir as súas ideas, coñecementos e experiencias colectivamente.
Wiring | |
---|---|
![]() IDE de Wiring versión 1.00 | |
Desenvolvedor(es) | Hernando Barragán Brett Hagman Alexander Brevig |
Última versión | 1.0 (0100) (18 de outubro de 2011) |
Repositorio | github |
Sistema operativo | Microsoft Windows Linux Mac OS X |
Tipo | Processing |
Licenza | LGPL, GPL |
Sitio web | wiring.org.co |
Wiring permite facer programas para controlar aparellos conectados a el e así crear todo tipo de obxectos interactivos, correspondendo á experiencia do usuario a través do mundo físico. Con poucas liñas de código, por exemplo, é posible conectar algúns compoñentes electrónicos e observar a intensidade dunha luz variando conforme á distancia que alguén achégase a ela.