Adobe Flash
From Wikipedia, the free encyclopedia
Adobe Flash (antes: Macromedia Flash), ou simplemente Flash, é un programa principalmente de gráfico vectorial - a pesar de soportar imaxes bitmap e vídeos - utilizado xeralmente para a creación de animacións interactivas que funcionan embutidas nun navegador web e tamén a través de escritorios, móbiles, teléfono, tabletas e televisores. O produto era desenvolvido e comercializado por Adobe Inc., empresa especializada en desenvolver programas que auxilian o proceso de creación de páxinas web.
Adóitase chamar só de flash os arquivos xerados polo Adobe Flash, é dicir, a animación en si. Estes arquivos son de extensión ".swf" (de Shockwave Flash File). Poden ser visitadas nunha páxina web usando un navegador que soporte (xeralmente con plug-in especial) ou a través do Flash Player, que é un leve aplicación de só lectura distribuído gratuitamente por Adobe. Os arquivos feitos en Flash son comunmente utilizados para propaganda animada (banners) en páxinas web, pero evidentemente non limitándose a iso, pois existen diversos xogos e presentacións dos máis variados tipos utilizando a tecnoloxía. Mesmo sitios enteiros poden ser feitos en ".swf".
En versións recentes (a partir da versión 5), a Macromedia expandiu o uso de Flash para alén de simples animacións, pero tamén para unha ferramenta de desenvolvemento de aplicacións completas. Isto grazas aos avances na linguaxe ActionScript, que é a linguaxe de programación utilizada en aplicacións de ficheiros Flash (.swf). A terceira versión desta linguaxe acaba de ser lanzada, facendo máis doado e rápido crear aplicacións para web, ademais de contar con recursos moito máis poderosos.
Unha nova plataforma, chamada Apollo, está a ser lanzada por Adobe e ten como obxectivo solidificar o desenvolvemento da linguaxe ActionScript, sexa a través de Flash, de Adobe Flex ou doutros programas.