![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a2/Herakles_Achelous_Louvre_G365.jpg/640px-Herakles_Achelous_Louvre_G365.jpg&w=640&q=50)
Aqueloo (mitoloxía)
principal deus do río na mitoloxía grega / From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, Aqueloo era o nome do máis importante río de Grecia, en terras de Etolia, hoxe coñecido como río Aspropótamos, e do principal deus do río, en palabras de Homero ou Pausanias[1].
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/a2/Herakles_Achelous_Louvre_G365.jpg/640px-Herakles_Achelous_Louvre_G365.jpg)
Considérase fillo dos Titáns Océano e Tetis, o fillo primoxénito dos tres mil deuses fluviais ou oceánidas. Outras fontes fano fillo de Helios e Xea (a Terra), ou ben de Poseidón, deus dos mares.
"Tetis, co Océano, deu a luz ós impetuosos ríos: o Nilo, o Alfeo... ó Aqueloo, de prateados remuíños...".(Hesíodo: Teogonía 338-341)
Tivo varias esposas, como Melpómene, unha das musas, coa que enxendrou ás sereas[2]. Tamén tivo relacións con outras musas, coas que enxendrou os mananciais de Pirene, de Castalia ou de Dirce. Tamén se lle considera pai da fonte Calíorre.
O oráculo de Dodona engadía a cada resposta que daba a orde de ofrecer sacrificios a Aqueloo.