político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Anxo Guerreiro Carreiras ou Ángel Guerreiro Carreiras,[1] chamado Geluco, nado en Xermade o 28 de agosto de 1945 e finado o 18 de xullo de 2013 na Coruña,[2] foi un político e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (gl) Anxo Guerreiro Carreiras 1945 Xermade, España |
Morte | 18 de xullo de 2013 (67/68 anos) A Coruña, España |
Deputado do Parlamento de Galicia | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político, xornalista |
Partido político | Partido Comunista de España |
Ingresou no Partido Comunista de España de moi novo cando estudaba Químicas na Universidade de Santiago de Compostela, militancia pola que foi encarcerado en varias ocasións[3] e non rematou os estudos. No 1976, formaba parte do Comité Central do PCE que se deu a coñecer en Roma[2] e, no 1979, foi elixido secretario xeral do Partido Comunista de Galicia, sucedendo a Rafael Pillado. Formou parte do chamado "Grupo dos 16", representantes de diferentes partidos políticos que redactaron o Estatuto de Galiza.[2]
En 1981, converteuse no primeiro e único deputado no Parlamento de Galicia coas siglas do PCG (1981-1985). Foi partidario do "eurocomunismo", polo que foi destituído por Carrillo en 1983 e substituído por Julio Pérez de la Fuente[4], aínda que despois recuperou a secretaría xeral no PCG.[2]
Tamén máximo dirixente do Partido Comunista de Galicia e de Esquerda Unida. As súas discrepancias con Julio Anguita levárono a separar a organización galega da federal creando Esquerda de Galicia,[5] e que acudiu ás eleccións autonómicas de 1997 en coalición co PSdeG, o que posibilitou que de novo fose elixido deputado (1997-2001). Esta separación non foi aceptada por unha parte de Esquerda Unida que se presentaron a esas eleccións co nome de Izquierda Unida e tomaron o nome de Esquerda Unida-Izquierda Unida (Na X Asemblea Nacional, readoptaron o nome de Esquerda Unida unicamente).
Nas eleccións de 2001, o PSdeG non quixo reeditar o pacto e EdeG presentouse en solitario con Anxo Guerreiro como candidato á presidencia da Xunta pero, tralos malos resultados obtidos, Guerreiro dimitiu e EdeG acabou desaparecendo.[3][4]
Nos últimos anos da súa vida foi comentarista e opinador político en diversos medios, como Localia Santiago ou a Radio Galega.[5]
Padecía dos riles e desenvolveu un cancro de pulmón. Foi incinerado. O seu cadaleito foi cuberto coa bandeira de Galicia e por catro caraveis vermellos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.