Antonio Tejero
tenente coronel da Garda Civil e golpista From Wikipedia, the free encyclopedia
tenente coronel da Garda Civil e golpista From Wikipedia, the free encyclopedia
Antonio Tejero Molina, nado en Alhaurín el Grande (Málaga) en 1932, é un ex-tenente coronel da Garda Civil. Foi un dos principais xefes do golpe de estado frustrado do 23 de febreiro de 1981 en España, popularmente coñecido como 23-F.
Nome orixinal | (es) Antonio Tejero Molina |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de abril de 1932 (92 anos) Alhaurín el Grande, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Academia Xeral Militar Universidad Nacional de Educación a Distancia - Xeografía e Historia |
Actividade | |
Ocupación | garda civil , oficial |
Período de actividade | 1951 - |
Lingua | Lingua castelá |
Carreira militar | |
Rama militar | Garda Civil |
Rango militar | teniente coronel (en) (1974–) |
Conflito | Golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 |
Participou en | |
23 de febreiro de 1981 | Golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 |
11 de novembro de 1978 | Operação Galaxia (pt) |
Xa fora procesado en 1979 por un intento de golpe de estado coñecido como Operación Galaxia. Por este feito foi condenado a sete meses de cárcere.
Nunha carta aberta ao rei Xoán Carlos I publicada no xornal El Imparcial con anterioridade ao 23-F argumentou que "...no proxecto de Constitución hai demasiadas bandeiras facendo sombra á única e neste proxecto non van incluídos algúns valores polos que cremos paga a pena arriscar as nosas vidas. Nel non están os nosos mortos".
A tarde do 23-F, ao mando duns 200 gardas civís asaltou o Congreso dos Deputados, que neses momentos celebraba a sesión de investidura como presidente do Goberno de Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo. Secuestrou a todos os deputados ata as 10 da mañá do 24 de febreiro de 1981, cando se entregou ao fracasar o intento de golpe de estado.
En principio Tejero pensaba apoiar coa toma do Congreso co obxectivo de axudar ao xeneral Alfonso Armada a tomar o poder como presidente dun Goberno de salvación nacional pero cando este último lle comunicou os seus plans de que no devandito goberno houbese representantes de tódolos partidos (incluídos socialistas, comunistas e nacionalistas), sublevouse contra o seu superior e continuou actuando pola súa conta.
Foi procesado e encarcerado, permanecendo na prisión de Alcalá de Henares ata o 3 de decembro de 1996 en que saíu en liberdade condicional.[1] Dende o 17 de setembro de 1993 xa gozaba de réxime aberto. En 1982 organizou dende o cárcere un efémero partido político de extrema dereita para presentarse ás eleccións xerais, Solidaridad Española, que desapareceu tras estas debido aos seus raquíticos resultados.[2]
Foi expulsado da Garda Civil e actualmente reside entre Madrid e Alhaurín de la Torre, nos últimos tempos escribiu cartas ao director do xornal Melilla Hoy criticando o estatuto de Cataluña.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.