![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/27/Renault_-_Andr%25C3%25A9_Mass%25C3%25A9na%252C_duc_de_Rivoli%252C_prince_d%2527Essling%252C_mar%25C3%25A9chal_de_France_%25281756-1817%2529.jpg/640px-Renault_-_Andr%25C3%25A9_Mass%25C3%25A9na%252C_duc_de_Rivoli%252C_prince_d%2527Essling%252C_mar%25C3%25A9chal_de_France_%25281756-1817%2529.jpg&w=640&q=50)
André Masséna
From Wikipedia, the free encyclopedia
André Masséna, nado o 6 de maio de 1758 en Niza e finado o 4 de abril de 1817 en París, foi un militar francés, duque de Rivoli, príncipe de Essling e mariscal do Imperio Francés.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/dd/Andr%C3%A9_Mass%C3%A9na_%281758-1817%29.jpg/320px-Andr%C3%A9_Mass%C3%A9na_%281758-1817%29.jpg)
Nomeado xeneral en 1793, co exército de Italia participou nas batallas de Millesimo, Montenotte, Dego, Castiglione e da ponte de Arcola, e a súa intervención decidiu as batallas de Lodi e de Rivoli. En setembro de 1799 derrotou o exército ruso do xeneral Alexander Korsakov na segunda batalla de Zúric[1] e o ano seguinte defendeu a cidade de Xénova durante un longo asedio. A súa resistencia permitiulle a Napoleón Bonaparte facer chegar a Italia as tropas coas que venceu na batalla de Marengo. En 1804 rebiciu o cargo de mariscal do Imperio. Participou nas campañas de Polonia en 1807, e en 1809 combateu as tropas da quinta coalición, distinguíndose na batalla de Aspern-Essling, na de Wagram e na de Znaim.
En 1810, foi destinado á Península Ibérica, onde comezou capturando Ciudad Rodrigo despois dun asedio. Xa dentro de Portugal foi derrotado por Wellington na batalla de Buçaco o 27 de setembro, ao non poder romper as liñas anglo-portuguesas en Torres Vedras, e as súas tropas van quedaron inmobilizadas durante meses. Foi vencido novamente en Sabugal o 3 de abril de 1811. Retirouse e entregou ao inimigo a batalla de Fuentes de Oñoro, preto de Salamanca. Finalmente caeu en desgraza e tivo que ceder o mando do exército ao xeneral Marmont e acabar aceptando un cargo local en Marsella.