Infantaría
From Wikipedia, the free encyclopedia
A infantaría[1] é a forza de combate (arma) a pé dos exércitos. Utiliza todo tipo de armas portátiles e semiportátiles e, para o seu desprazamento, pode empregar todo tipo de medios de transporte (infantaría mecanizada, infantaría aerotransportada etc.). Combate por si soa, con posibilidades limitadas, ou en combinación con algunha outra arma, sempre e cando esta estea actuando no seu apoio para así aumentar as súas posibilidades. Nas primeiras filas sitúanse os soldados da infantaría lixeira, que apenas levan protección.